Denuncia de rozas irregulares en Valdoviño en hábitats prioritarios e zonas con especies en perigo. Imprimir
Envia Denuncia de rozas irregulares en Valdoviño en hábitats prioritarios e zonas con especies en perigo. a FaceBookEnvia Denuncia de rozas irregulares en Valdoviño en hábitats prioritarios e zonas con especies en perigo. a Twitter

afrouxeiravaldovinhoValdoviño (Ferrolterra).10.8.2012. Adega denunciou a actuación da Xunta de Galicia e Costas do Estado na lagoa da Frouxeira, onde se levaron a cabo tarefas de roza sobre hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción. Estas prácticas non cumpren as recomendacións do Plan Director da Rede Natura 2000 e ademais, contribúen a degradar a nosa biodiversidade máis fráxil e favorecer introdución de especies exóticas e invasoras. Hai que ter en conta que esta paraxe conta con cinco figuras de protección ambiental: zona LIC, ZEPA, Braña de Importancia Internacional Ramsar, Braña Protexida e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. Non estamos de acordó en base ao datos recollidos no servidor cartográfico de información ambiental da propia Xunta e no Atlas e Libro Vermello da Flora Vascular Ameazada de España,coa resposta da Consellería de Medio, que argumenta a inexistencia de hábitats de interese comunitario nas áreas rozadas nin de especies protexidas.ADEGA poñerá estes feitos de desbroce irregular en Valdoviño e noutras zona de Galicia, en coñecento dos organismos europeos e internacionais competentes (Comisión Eurpoea, Parlamento e Secretariado de RAMSAR)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com