Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. Imprimir
Envia Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. a FaceBookEnvia Propostas de ADEGA ao proxecto de mellora enerxética A. Sanitaria Ferrol. Solicitude uso renovables. a Twitter

Paneis solares.2012Ferrol 29.8.2012. Adega na comarca de Ferrol, volve a insistir diante da Consellería de Sanidade, para que no proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del  Ferrol se usen enerxías renovables. Adega na comarca de Ferrol,volve a presentar solicitude ante o Servizo Galego de Saúde,  para que no actual proxecto de mellora enerxética do Area Sanitaria del  Ferrol, que fundamentalmente se basea na renovación do sistema de caldeiras e aprovisionamento a gas, se implemente o uso de enerxías renovables (solar, xeotérmica,....) na instalación do novo equipamento en consonancia coas novas directrices estatáis e europeas respecto a aforro e eficiencia enerxética e coa protección do medioambiente.

En febrero 2012, dende ADEGA presentamos alegacións ao proxecto http://adega.gal/info/090121joomla/novas-adega-ferrolterra/707-propostas-de-adega-ao-proxecto-de-mellora-enerxetica-da-area-sanitaria-ferrol no sentido que se pode aproveitar esta oportunidade de renovar ou sistema enerxético dos hospitáis, para impulsar ou uso de enerxías renovables, sen ter resposta algunha ás nosas propostas.

Antes de que se leve a cabo a execución do proxecto , dende ADEGA, solicitamos que se de prioridade na concesión da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipos, do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol aos proxectos que incorporen iniciativas de instalación e uso de enerxías renovables, o cal sería beneficioso tanto dende ou punto de vista económico como ambiental e de saúde

Suministración_enerxética_a_hospitáis_Area_Sanitaria_Ferrol._Aportacións_de_ADEGA.agosto.2012.pdf

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com