1ª andaina polo río Baa Imprimir
Envia 1ª andaina polo río Baa a FaceBookEnvia 1ª andaina polo río Baa a Twitter

Ferrolterra. 14.04.2012. ADEGA colabora na organización da 1ª Andaina Polo Río Baa. O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km. Comezaremos na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe. Dende aquí partiremos cara a Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeno alto para comentar a historia deste pedrón así como as tradicións que o rodean. Logo continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construción pre-romana. Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección. Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.

Díptico: https://docs.google.com/open?id=0By24jKds2T1PX3VGUlk4cFBTQnlIMDRGMnU2UXVEUQ
Cartaz: https://docs.google.com/open?id=0By24jKds2T1PZi1pLVBmUHBTZlNUZGJkNzNrc0d6Zw
Contacto Serxio: 662428976
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com