Centos de cartuchos con chumbo contaminan o Ulla e ameazan a seguridade e a saúde Imprimir
Envia Centos de cartuchos con chumbo contaminan o Ulla e ameazan a seguridade e a saúde a FaceBookEnvia Centos de cartuchos con chumbo contaminan o Ulla e ameazan a seguridade e a saúde a Twitter

Mapaimpactos27 de agosto de 2012. Os perdigóns provintes dun campo de tiro en Herbón caen por milleiros ao río Ulla, contaminando con metais pesados este espazo da Rede Natura do que se abastece a cidadanía da contorna de Padrón e do Barbanza. Dase a circunstancia de que os proxectís impactan tamén nunha zona recreativa do río usada por bañistas e practicantes de deportes acuáticos que corren o risco de ser alcanzados polos perdigóns. Sorprendentemente, o uso de munición con chumbo nos humidais e espazos protexidos galegos non é ilegal: Unicamente os perdigóns de chumbo (non as postas nen as balas) están prohibidos, só en determinados espazos e para o exercicio da caza (non se di nada do tiro). Con estes buracos na lexislación, toneladas de chumbo son vertidas cada ano nos nosos espazos protexidos. Só para o xabarín, a tempada pasada realizáronse 14.720 batidas...

PerdigonUllaO uso de munición con chumbo en Galiza está regulamentada pola Resolución da Consellería de M. A. de 10 de outubro de 2008 (BOE 201 de 16 de outubro de 2008). Curiosamente, a norma fai referenza ao "exercicio da caza", á munición de perdigóns e á prohibición de facelo nunha serie de humedais. Non afecta portanto, en sentido estrito, ao deporte do tiro, nen tampouco a postas e balas, só a cartuchos con perdigóns.

Por outra banda, na listaxe de humidais onde se prohibe a caza con perdigóns de chumbo figura o Esteiro do Ulla, que chega até pouco despois da ponte da estrada Padrón-Cesures, á altura do entronque coa canle do Sar. Queda fóra portanto, o treito de río augas arriba no que teñen lugar as caídas de chumbo (lugar de Lapido e Sextas Pesqueiras), malia a formar parte da Rede natura 2000 (Sistema fluvial Ulla-Deza). Cómpre lembrar que ningún dos LICs ou ZEPA da Rede Natura están exentos do uso de perdigóns con chumbo, e mesmo que o Plano Director da RN2000 en exposición pública permite a caza menor e maior nas zonas de maior valor ecolóxico.

campotiroOs ecoloxistas temos denunciado que estas prácticas, insuficientemente reguladas, incumpren a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade (art. 62, 3, j), o convenio RAMSAR e o convenio internacional sobre aves acuáticas migratorias, subscrito por España en 1996. A este respeito, o "Defensor del Pueblo" admitíu a queixa da SGHN e emitíu un ditame instando á Xunta a derrogar a resolución e a estender a prohibición a todos os humidais, LICs, ZEPAS e espazos protexidos incluindo tamén outros tipos de munición.

Até o momento non houbo resposta por parte da Xunta e mentres, centos de quilos de chumbo seguen contaminando o noso ambiente e poñendo en perigo, como neste caso, a seguridade das persoas. ADEGA esixe da Xunta que derrogue ou modifique a resolución de 10 outubro de 2008 para estender a prohibición a todos os espazos protexidos, a todos os tipos de munición con chumbo e a todo tipo de prácticas de tiro ou caza.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com