Toques, 16 de novembro de 2010. Voluntari@s de ADEGA e as asociacións do Foro do Camiño Primitivo promoven este sábado día 20 dunha actividade de campo consistente na recuperación e sinalización dun treito da calzada histórica do Camiño de Santiago no Concello de Toques (A Coruña). A xornada completarase coa visita á Aula da Natureza de Souto, un roteiro polo Marco do Careón, através do Camiño Primitivo e un magosto na Eira da Xoana. Podedes baixar a Programación da Xornada (PDF 432 Kb) á que vos convidamos a participar, xunto co cartaz informativo.
|
Ler máis...
|
|
 Este sa?bado 20 de novembro ADEGA e o Foro do Camin?o Primitivo organizan unha XORNADA ETNOGRA?FICA NO ALTO ULLA, dedicada a recuperar un treito do Camin?o Primitivo que foi desviado da su?a traza histo?rica no Concello de Toques e a gozar dunha tarde de lecer que rematara? nun magosto na Eira da Xoana ( ligazón GOOGLE maps), para cumprir co fermoso ritual gastrono?mico de agasalla?rmonos cunha boa castan?ada. Actividades: RECUPERACIO?N dun treito do Camin?o Primitivo en Toques; ROTEIRO pola Vi?a Primitiva no Marco do Careo?n. e MAGOSTO na Eira da Xoana. No interior da nova, pódense ver os CROMOS do magosto.
|
Ler máis...
|
Palas de Rei, a 05 de novembro de 2010.- ADEGA manifesta a súa satisfacción pola resolución do Tribunal Supremo que ratifica a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza de 2007 emitida a favor dos veciños e veciñas das parroquias de Merlán e Hospital, do concello de Palas de Rei, pola que se fai prevalecer a propiedade comunal do monte e a preservación do patrimonio natural e hitórico-cultural ( Camiño de Santiago) fronte a posta en explotación dun dereito mineiro da empresa Cuarzos Industriales, propiedade do Sr. Villar Mir, de hai máis de 30 anos.
|
Ler máis...
|
Sábado 30 de outubro. O outono oferécenos múltiples posibilidades. É a estación dos froitos, da recolleita... Acheguémonos ao interesante mundo dos cogumelos, aprendendo a diferencialos, valorando a súa diversidade e, como non, apreciando os seus sabores e as súas múltiples posibilidades culinarias. Na Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA en Ramil (Agolada), este sábado a partires das 11h. Consulta ubicación e percorrido através desta ligazón do GOOGLE MAPS
|
Ler máis...
|
 Con motivo do Día Mundial da Arquitectura (primeiro luns de outubro) a Asociación Setestrelo vén de fallar os premios Gómez Román de arquitectura tradicional. Nesta primeira edición, o equipamento de ADEGA "A Eira da Xoana", sé do proxecto Aldeaverde, acadou o galardón na categoría de construcións tradicionais rehabilitadas e restauradas. O xurado valorou que esta intervención, ubicada na parroquia de Ramil, n'A Golada, conxuga "unha perfecta comprensión das construcións e a contorna vinculante, co resultado de recuperación da autenticidade e o ambiente tradicional, sen deixar de recrear a capacidade de provocar unha actual experiencia identitaria". Paradoxalmente, este recoñecemento coincide coa denegación pola Consellaría de Cultura de senllas axudas á Eira da Xoana para o equipamento e realización de actividades culturais. Será que só hai cartos para o Xacobeo e o Papa? Baixa a proposta premiada Proxecto "Eira da Xoana" (1.75 Mb)
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 4 |