Feira na Eira: II feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana Imprimir
Envia Feira na Eira: II feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Feira na Eira: II feira de produtos naturais e artesáns na Eira da Xoana a Twitter
Este domingo 28 de outubro, ADEGA organiza a II FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Poderemos pasar unha agradable xornada mercando, desfrutando da contorna e mesmo quedar a xantar, xa que ADEGA porá callos, polbo, viño, auga e café a prezos populares. Tamén disporemos de empanadas, queixos, doces e moitos mais produtos a escoller entre a ampla oferta de apicultor@s, gandeir@s, labreg@s e artesáns que acoderán á feira. Durante todo o día haberá obradoiros e demostracións de cestería e olería. Para os mais cativos disporemos dunha zona especial, na que descubrirán diferentes xogos do mundo ademais dos xogos tradicionais. Tamén poderán aprender a elaborar candeas cun dos produtos das abellas, a cera. As actividades darán comezo ás 11.00 horas e rematarán as 18:00 e desta volta, semella que a climatoloxía será favorábel e desfrutaremos dunha xornada soleada e agradábel. Onde está a Eira da Xoana e como chegar? Clica nesta ligazón de Google Maps 
 
Nesta II Feira imos saborear pola mañá un dos produtos estrela do outono, as colleitas de mel dos nosos montes e serras galegas (Serra do Careón, Serra do Suído, Serra do Xurés, Monte Pindo...) e por suposto o mel da Eira da Xoana. Logo falaremos nunha charla-coloquio sobre a alimentación saudábel co ponente Xan Pouliquen, de Xestion Agrogandeira e Natuireza S.L.
Xa achegándonos ao xantar, os máis festeir@s poderán desfrutar de boa música a cargo dos grupos “Herba Grileira” e “Bico da Balouta”, e algunha que outra sorpresa o longo da xornada.
Pola tarde haberá unha mesa redonda na cal se falará do produto escollido este ano, o mel.Contaremos coa participación de AGA ( Asociación Galega de Apicultura) e Abella Lupa SAT, que nos mostarán os diversos produtos apícolas e o papel fundamental que desempeñan as abellas na conservación da Biodiversidade.
Dentro de todas estas actividades, tamén faremos un sorteo de varias cestas de produtos da feira onde se premiará as persoas que lle fagan unha merca responsábel aos nosos produtores e produtoras.
En total, na feira haberá máis de 45 postos entre agricultura, gandería , apicultura, artesanía (pedra, coiro, barro, palla, madeira.), ademais de entidades de comercio xusto e ecoloxistas, que nos surtirán co melloríño dos seus produtos, a maioría deles en ecolóxico.
 
Para máis info:    
- Marcial Barral (638 475 322)
- Pepe Salvadores (659 683 384)
 
RELACION DE PRODUTORES/AS
APICULTURA
Produtos / Actividade
Melepunto
Mel
AGA
Mel
Abella Lupa
Mel
Mel do Careón
Mel
AGRO
 
Raínha Lupa
Hortalizas, cereais e tubérculos, pan e aromáticas
Millo e Landras
Galiña de Mos, Polos, Porco Celta, Horta, Queixos
A horta de Dolores
Rosquillas, millo corvo, fabas, acelgas, cebolas, etc…
Miguel e Mariajo
Patacas da Limia e verduras ecolóxicas
O Bandullo ecoloxico (A Pontenova)
Hortalizas
O Bandullo ecoloxico (Riotorto)
Hortalizas
Granxa escola de Barreiros
Horta e divulgación
Xulio-Cereais
Cereais ecolóxicos
Orgánicos pra ben
Horticultura ecolóxica 
Ecoadellao
Hortalizas
Un cento 
Horticultura 
Espazo agroecolóxico
Horta e divulgación
GANDERÍA
 
Queixos Gabino
Queixo San Simón
Comocabras
Queixo e derivados lácteos de cabra
Arqueixal
Queixo,leite e iogures
A flor de Mácara
Queixo 
Serra do castro
Embutidos, elaborados cárnicos
O Alle 
Leite crú
PLANTAS MEDICINAIS E COSMETICA
 
Sanakura
Cosmética natural
Milulloa
Plantas aromáticas e mediciñais
Carmiña 
Cosmética natural
PANADERIA/REPOSTERIA
 
Pan de Carteire
Empanadas, pan
Susana 
Chocolate e doces
Reposteiría Eco
Doces
Luz Negueira
Pan / zumes
BEBIDAS
 
Fruga
Viño 
Jesús 
Sidra natural
Tanquián - Tuta fruta
Marmeladas, zumes e conservas ecolóxicas
Menduíña
Cervexa artesá
ARTESANÍA
 
Oscar
Cestería
Alfarería Agustin
Alfarería
Tania Looning
Artesáns coiro
Carme Recimil
Sombreiros de palla
Arte en pedra
Coiro e pedra
Arte sinxelo
xoias - coiro - cristal
A casa dos xogos
Xogos do mundo
Lan a man
Cousas de lá
Inma 
Madeira 
Louzao de Pambre
Exposición maquinas de coser
Adriana de Oleiros
Obxectos 
COMERCIO XUSTO
 
Equisol
Produtos ecoloxicos e comercio xusto
Panxea
Produtos ecoloxicos e comercio xusto
Amarante
Produtos ecoloxicos e comercio xusto
ENTIDADES
 
ADEGA
Asociación ecoloxista
Plataforma antiincineración
ILP dos residuos
            
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com