ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez Imprimir
Envia ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez a FaceBookEnvia ADEGA inicia a custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez a Twitter
22 de marzo, Día da Auga. ADEGA vai iniciar o “Proxecto de creación dunha rede de custodia fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez” nos concellos d'A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño e o AGADER. A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos cursos fluviais. Este tipo de actuación fai partícipe á poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando ás persoas e entidades participantes.

A proposta de traballo deste proxecto baséase na inspección das condicións ecolóxicas dos ríos, realizada por voluntarios/as locais (centros de ensino, equipamentos de Educación Ambiental, grupos de amigos, asociacións, pescadores, concellos, ONGs, etc), responsábeis da vixilancia e protección do treito do río que seleccionan.

Para a realización da inspección se lles entregará aos participantes un material totalmente gratuíto que inclúe un manual de inspección, fichas identificativas (macroinvertebrados, peixes, mamíferos, vexetación de ribeira, árbores e arbustos, anfibios, réptiles, e patrimonio etnográfico), así como material para a análise físico-químico da auga, que facilitarán o estudo do ecosistema fluvial.

As inspeccións realizaranse en dúas campañas, a de primavera e a de outono con axuda da equipa de educación ambiental de ADEGA. Os/as participantes remitirán os resultados obtidos na inspección a sede do Proxecto Ríos, cos que se elaborará un informe anual do estado de saúde das bacías do Ulla, Umia e Lérez.

Será na segunda fase do proxecto onde se promoverán actividades de custodia fluvial desenvolvidas polo voluntariado Poderán realizarse diferentes accións de mellora do ecosistema fluvial ou de posta en valor do patrimonio etnográfico.

Podes descargarte aquí tanto un Resumo GDR 20.pdf resumo (77KB) como o Proxecto Custodia Fluvial.pdf Proxecto Custodia Fluvial (675 KB) presentado ao GDR 20.

Para mais información podedes contactar coa persoa responsábel do proxecto:

Lucía Parente
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Teléfone: 981.57.00.99

logos_gdr20.jpg

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com