Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana Imprimir
Envia Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana a FaceBookEnvia Celebra con nós o solsticio de inverno na Eira da Xoana a Twitter
Solsticio_de_InvernoDentro da programación de actividades, o próximo día 22 de decembro a partires das 17:30 celebraremos o solsticio de inverno.
PROGRAMACIÓN. Mércores 22 de decembro, Ramil (Agolada)
-Subida ao Cotón dos Fogos para localizar o punto exacto onde se deita o sol na noite máis longa do ano.
-Prendida de fachos, recital poético, música e foguetes para festexar que a luz vence ás tebras.
-Merenda-cea para celebrarmos o ano que comeza. Traede xantares para compartillar. A sidra está asegurada!

Quen estea interesada/o, chame aos teléfones:
659 683 384 (Pepe)
638 475 322 (Marcial)
Tamén podedes mandar un mail a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Máis información no blog d'A Eira da Xoana, o equipamento de ADEGA no Alto Ulla.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com