Adega
INICIO Delegacións A Mariña
A Mariña
Patrimonio Cultural deixa un castro sen protección por un "erro técnico" PDF Imprimir Correo-e
Envia Patrimonio Cultural deixa un castro sen protección por un "erro técnico" a FaceBookEnvia Patrimonio Cultural deixa un castro sen protección por un "erro técnico" a Twitter

castro_redondo2A Mariña, 13 de abril de 2012. Un "erro" dos técnicos que catalogaron o castro de O Redondo, do concello de O Vicedo, na Mariña de Lugo, déixao sen a protección legal que ampara este tipo de bens. Tras a denuncia de ADEGA e MariñaPatrimonio na Consellaría de Cultura pola a agresión que unha tala de eucaliptos estaba a exercer neste xacemento arqueolóxico, a Xunta caeu na conta de que o castro non estaba ben catalogado, xa que na documentación oficial estaba cambiado de sitio. Ambas as dúas organizacións denunciantes lamentamos que se sigan dando estas situacións de desprotección do noso patrimonio cultural polo desleixo e desinterese da Administración, e que, no canto dela, teñan que ser os propios cidadáns os que esixan a preservación destes bens únicos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
O "ladrillazo" incesante: ADEGA pide á Fiscalía abrir dilixencias por prevaricación en Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia O "ladrillazo" incesante: ADEGA pide á Fiscalía abrir dilixencias por prevaricación en Barreiros a FaceBookEnvia O "ladrillazo" incesante: ADEGA pide á Fiscalía abrir dilixencias por prevaricación en Barreiros a Twitter

obra_lopo1A Mariña, abril de 2012. Ante a reanudación das obras en Barreiros por parte de "CONSTRUCIONES Y PROMOCIONES J. DÍAZ FERNÁNDEZ", ADEGA vén de persoarse de novo ante o Ministerio Fiscal para presentar a documentación que proba a usurpación de terreos de titularidade pública por parte do promotor e a ilegalidade da licenza por non contar con autorización de Augas de Galicia para a ocupación do dominio público hidráulico e da zona de policía, o que invalida calquera licenza municipal. Ademais subliñamos que as solicitudes do promotor para tal autorización son do ano pasado cando o recoñecemento da licenza é de decembro de 2009. A maiores esta licenza de obra está expresamente afectada polo Decreto 15/2007, polo que se suspendían as Normas Subsidiarias do Concello de Barreiros.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia ante o Ministerio Fiscal ao alcalde e á arquitecta municipal de Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia ante o Ministerio Fiscal ao alcalde e á arquitecta municipal de Barreiros a FaceBookEnvia ADEGA denuncia ante o Ministerio Fiscal ao alcalde e á arquitecta municipal de Barreiros a Twitter

barreiros_obras_2A Mariña, 16 de outubro de 2011.-ADEGA denuncia ante o Ministerio Fiscal á arquitecta municipal e ao alcalde de Barreiros por presunta prevaricación e falsidade documental, ao recoñcer un silencio administrativo positivo a unha solicitude de licenza absolutamente contraria á legalidade vixente. Trátase da licenza outorgada a Promociones  J. Díaz Fernández S.L. na zona de San Bartolo. A edificación concédese en solo urbano non consolidado, afectado polo decreto da Xunta que suspende a vixencia das normas subsidiarias do concello, en zona de dominio público e de policía dun rego, parcialmente nun terreo municipal e co informe desfavorable da secretaria do municipio. Esta licenza convértese así no paradigma da arbitrariedade coa que o concello de Barreiros segue outorgando licenzas de obra.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA solicita ao concello de Barreiros e á Xunta a revisión dunha licenza en San Bartolo PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA solicita ao concello de Barreiros e á Xunta a revisión dunha licenza en San Bartolo a FaceBookEnvia ADEGA solicita ao concello de Barreiros e á Xunta a revisión dunha licenza en San Bartolo a Twitter

barreiros_obraA Mariña, 15 de outubro do 2011.- ADEGA solicita ante o concello de Barreiros e ante a Consellaría de Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas a revisión por nulidade de pleno dereito da licenza urbanística recoñecida a Construcciones y Promociones J. Díaz Fernández na zona de San Bartolo. ADEGA tamén fai traslado desta petición ao Ministerio Fiscal para que se investigue se os feitos constitúen algún delicto de prevaricación, corrupción, falsidade documental ou contra a Facenda Pública.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cultura só recoñece os danos causados por particulares en castros da Mariña, non polos concellos PDF Imprimir Correo-e
Envia Cultura só recoñece os danos causados por particulares en castros da Mariña, non polos concellos a FaceBookEnvia Cultura só recoñece os danos causados por particulares en castros da Mariña, non polos concellos a Twitter

castro_celeiro1A Mariña, 13 de outubro de 2011. O Servizo de Patrimonio Cultural da Consellaría de Cultura da Xunta recoñece, através de varias comunicacións remitidas a ADEGA e Mariñapatrimonio, os danos provocados por particulares en tres xacementos da Mariña: Castelo de Celeiro (Viveiro), Castro da Vela e xacemento de Pereiraboa (Xove); pero non se pronuncia sobre os perxuízos exercidos polo concello de Xove sobre o Castro de Sumoas. Ninguén pode ter bula para desfacer o noso patrimonio!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA