Adega
INICIO Delegacións A Mariña
A Mariña
ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove a FaceBookEnvia ADEGA e MariñaPatrimonio denuncian agresións ao Castro de Sumoas, en Xove a Twitter

sumoasA Mariña, 30 de maio de 2011. ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos diante do SEPRONA e o Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza a agresión que está a sufrir o castro inventariado de Sumoas no concello de Xove (Lugo). O xacemento de Sumoas quedou sepultado baixo unha morea de toneladas de terra que foron alí depositadas por varios camións de procedencia descoñecida. Esta acción constitúe un recheo ilegal e unha grave agresión ao Patrimonio arqueolóxico de Galiza, polo que pedimos a inmediata paralización destes depósitos de entullo e que se concreten as responsabilidades penais, civís e administratrivas que esta agresión conleva, así como a retirada do material que conforma o recheo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Urbanismo na costa: MÁIS TALENTO E MENOS CEMENTO ! PDF Imprimir Correo-e
Envia Urbanismo na costa: MÁIS TALENTO E MENOS CEMENTO ! a FaceBookEnvia Urbanismo na costa: MÁIS TALENTO E MENOS CEMENTO ! a Twitter

cementoO colectivo "MAIS TALENTO E MENOS CEMENTO!" está a levar unha campaña por un urbanismo responsábel e denunciando as consecuencias da especulación salvaxe na costa, nomeadamente no concello de Barreiros. Este vindeiro sábado 18 de setembro convidámosche a unha xornada festiva coa "I festa de exaltación do cemento" en San Miguel de Reinante (Barreiros), e na que intervirán diversos grupos e artistas. Haberá pasarúas, música ao vivo e poroxectarase en exclusiva mundial o documental "Imaxina Barreiros". ADEGA apoia esta campaña e convídavos a colaborar na denuncia das falcatruadas sobre o territorio: se legalizan as barbaridades urbanísticas de Barreiros, entón xa valerá todo!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Xunta, cómplice da especulación urbanística en Barreiros PDF Imprimir Correo-e
Envia A Xunta, cómplice da especulación urbanística en Barreiros a FaceBookEnvia A Xunta, cómplice da especulación urbanística en Barreiros a Twitter
barreiros3.jpgLugo, 26 de marzo de 2010. A conivencia da Xunta co afán especulador do Concello de Barreiros para agasallar con 14 millóns de € aos proxectos ilegais, através dun convenio coa Deputación de Lugo, supón unha falla de respecto pola lei e un escandaloso atentado contra a xustiza social. Con que dereito vai a Xunta a esixir o cumprimento da lexislación urbanística se logo recompensa aos infractores? ADEGA apoia as xestións da Fiscalía a insta tamén a Anti-Corrupción a investigar a concesión de licenzas e o proceder da alcaldía neste caso. Animamos á cidadanía a demandar dos poderes públicos e axentes sociais un Pacto Social polo Territorio para acadar un desenvolvemento territorial coherente, sustentábel e cohesionador.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao debido as emisións de ALCOA PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao debido as emisións de ALCOA a FaceBookEnvia ADEGA denuncia a contaminación por fúor en San Cibrao debido as emisións de ALCOA a Twitter
controlfluortn.jpgCompostela, 16 de marzo de 2010. Nos arredores da fatoría de aluminio ALCOA-INESPAL de San Cibrao (Lugo) rexístrase unha alta contaminación por fluoruros, segundo reflicten as análises realizadas a iniciativa dos veciños e as investigacións da edafóloga da USC Esperanza Álvarez Rodríguez. Aínda que pareza incríbel, as estacións de control da contaminación da Xunta de Galiza nos arredores da fatoría, e que deberían garantir o cumprimento dos parámetros ambientais e de saúde por parte da empresa, están abandonadas. É a propia ALCOA a que fai as medicións e informa sobre a contaminación que produce! Trátase doutro caso de contaminación ambiental por parte dunha grande empresa que deixa aos veciños inermes pola escandalosa deixación de funcións e inoperancia, cando non complicidade das administracións públicas. Baixa o Dossier FLUOROSE ADEGA.pdf Dossier FLUOROSE (2.83 MB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
PRODUART 2009: feira dos produtos artesanais e ecolóxicos en Burela PDF Imprimir Correo-e
Envia PRODUART 2009: feira dos produtos artesanais e ecolóxicos en Burela a FaceBookEnvia PRODUART 2009: feira dos produtos artesanais e ecolóxicos en Burela a Twitter
produart09.jpgDo 31 de xullo ao 2 de agosto, ADEGA participará na Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos. O sábado 1 de agosto pola tarde terá lugar un Obradoiro de Biodiversidade para os nenos e nenas no recinto feiral (nova nave de redes do porto de Burela). Esta nova edición que ten como temática a biodiversidade e o medio ambiente, ADEGA participará cun stand informativo onde se expoñerán os diversos materiais diculgativos da asociación. O sábado pola tarde, Desirée Glez. Cardoso, educadora ambiental de ADEGA impartirá no mesmo recinto feiral, un obradoiro de Biodiversidade dirixido aos nenos e nenas que querán achegarse e participar. Neste obradoiro aprenderemos a construir caixas niño, que servirán para favorecer a biodiversidade das aves nos nosos parques e xardíns.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 4

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA