"Rir, por non chorar" estará en Viveiro a partir de mañá ata o domingo día 5 Imprimir
Envia "Rir, por non chorar" estará en Viveiro a partir de mañá ata o domingo día 5 a FaceBookEnvia "Rir, por non chorar" estará en Viveiro a partir de mañá ata o domingo día 5 a Twitter

carpa exteriorLugo, a 31 de Xullo de 2012. ADEGA instalará mañá en Viveiro a Exposición itinerante de humor gráfico “RIR POR NON CHORAR”, en Lodeiro, na explanada entre o Centro de Saúde e o edificio comarcal da Xunta. A mostra estará aberta ao público a partir das 16:30 horas de mañá ata o domingo 5 de agosto e está enmarcada dentro do proxecto "Cultura e Territorio" da Campaña "Ponte no Medio. Móvete polo Territorio" de ADEGA.

ADEGA coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, instalará mañá día 1 de Agosto, en Viveiro, esta exposición que conta coa participación de humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, entre os cales destacan; Pinto & Chinto, Leandro, Guitián e Calros Silvar. Ate o día 5 de Agosto esta exposición brinda a todos os cidadáns unha oportunidade para achegarse as problemáticas ambientais galegas dende outro prisma, a través da ironía e a crítica.

A inauguración da mostra foi o pasado 3 de Xullo en Lugo onde permaneceu durante unha semana. A segunda parada na andaina da exposición é Viveiro, onde permanecerá durante 5 días para logo moverse a outros concellos da provincia de Lugo. A visita á exposición é de balde e conta cun espazo para que aqueles que así o desexen colaboren cos seus debuxos ou mensaxes.

Esta exposición está enmarcada dentro dos actos do Proxecto “Cultura e Territorio” que ADEGA leva a cabo durante este ano 2012, un proxecto cuxo obxetivo e divulgar as ameazas que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural ademáis de buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com