Eucaliptos e maquinaria pesada nos castros da Mariña Lucense Imprimir
Envia Eucaliptos e maquinaria pesada nos castros da Mariña Lucense a FaceBookEnvia Eucaliptos e maquinaria pesada nos castros da Mariña Lucense a Twitter

castro_celeiro1A Marña, 2 de xuño de 2011. Logo de ter denunciado hai poucos días o recheo ilegal do Castro de Sumoas en Xove, ADEGA e MariñaPatrimonio recorren de novo ao Servizo galego de Patrimonio da Xunta e ao SEPRONA  para dar conta dos danos que unha tala e posterior plantación de eucaliptos con maquinaria pesada produciron nos xacementos arqueolóxicos do Castro do Castelo de Celeiro (Viveiro), do Castro do Coto da Vela e dun castro próximo a Pereiraboa, ambos os dous últimos situados no concello de Xove.

castro_coto_velaAs dúas organizacións comprobamos como nos citados xacementos arqueolóxicos se fixeron movementos de terra con pas mecánicas para a apertura de novos camiños, chegando mesmo a cortar os parapetos de defensa dun dos castros. Estas remocións de terra con medios mecánicos tamén se levaron a cabo na posterior replantación do monte, que deixou á vista restos arqueolóxicos: cerámica, muíños..., evidenciando os danos provocados nos xacementos.

Unha vez máis preguntámonos onde están os poderes públicos, Concellos e Xunta, que por lei teñen a obriga de velar e protexer o Patrimonio que é de todos e todas. Por riba, non deixa de ser paradóxico que a administración coa máxima responsabilidade na defensa do Patrimonio, a Xunta de Galiza, sexa tamén a que autoriza as talas con maquinaria pesada en xacementos arqueolóxicos, sabendo o impacto que isto supón para os bens inventariados.

castro_pereiraboaJPGDesde Mariñapatrimonio e ADEGA sabemos que estes danos non son puntuais, xa que grande parte das destrucións que está a sufrir o noso Patrimonio veñen derivadas de nefastas prácticas forestais que non respectan o territorio e ás que non se lles pon couto. Así mesmo, agradecemos a colaboración cidadá na denuncia destes feitos e animamos para que sigan informándonos sobre estas desfeitas e así intentar entre todos poñer freo á destrución do noso Patrimonio.

castro_pereiraboa_2 castro_celeiro_2 castro_celeiro_3

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com