PRODUART 2009: feira dos produtos artesanais e ecolóxicos en Burela Imprimir
Envia PRODUART 2009: feira dos produtos artesanais e ecolóxicos en Burela a FaceBookEnvia PRODUART 2009: feira dos produtos artesanais e ecolóxicos en Burela a Twitter
produart09.jpgDo 31 de xullo ao 2 de agosto, ADEGA participará na Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos. O sábado 1 de agosto pola tarde terá lugar un Obradoiro de Biodiversidade para os nenos e nenas no recinto feiral (nova nave de redes do porto de Burela). Esta nova edición que ten como temática a biodiversidade e o medio ambiente, ADEGA participará cun stand informativo onde se expoñerán os diversos materiais diculgativos da asociación. O sábado pola tarde, Desirée Glez. Cardoso, educadora ambiental de ADEGA impartirá no mesmo recinto feiral, un obradoiro de Biodiversidade dirixido aos nenos e nenas que querán achegarse e participar. Neste obradoiro aprenderemos a construir caixas niño, que servirán para favorecer a biodiversidade das aves nos nosos parques e xardíns.

PROGRAMA PRODUART 09
Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, do 31 de xullo ao 2 de agosto. Nova nave de redes de Burela
Mesas Redondas Produart 09. Xornadas sobre a Biodiversidade e o Medio Ambiente
I Mesa : As enerxías renovábeis: un futuro sostible para tod@s
- Lugar : recinto feiral
- Data e hora: venres 31 de xullo ás 20.00 h.
- Poñentes: D. Xoán Ramón Doldan. Economista. Profesor Titular de Economía Aplicada da USC: “ A importancia das enerxías renovábeis no fin da era do petróleo"; D. Celestino Quintela Sabaris. Biologo. Secretario da Federación Ecolóxista Galega. “ A Pegada ecolóxica e as enerxías renovábeis"; D. Xosé García López. Técnico Instalador de queimadores de biomasa e sistemas de aire acondicionado ecolóxicos. Caso Práctico.
II Mesa: A Agroecoloxía: creando sinerxias para unha agricultura sostible.
- Lugar : Recinto feiral
- Data e hora: domingo 2 de Agosto ás 20.00 h.
-Poñentes: D. Ernesto Sánchez Salgado. Dtor Técnico de C.R.A.E.G.A “ Seguridade Alimentaria e Consumo responsable"; D. Manuel García. Mestre Agricultura Ecolóxica. Coordinador da S.Coop. Galegade Labregos Daiqui. “Transxénicos e Soberanía Alimentaria"; D. Edmundo Maseda. Productor ecolóxico. “A utilidade das plantas como tratamentos na Agricultura ecolóxica".
Exposición: “Áreas Mariñas Protexidas" do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. CEIDA
Obradoiro de Biodiversidade realizado pola Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza-ADEGA. Construción de caixas niño para nen@s o sábado día 1 pola tarde, no recinto feiral.
Videoactiv@: Proxeccións continuas, durante as horas de apertura da feira. Diferentes documentais de temática medioambiental, artesanal e ecolóxica
Demostrart: Demostracións e degustacións nos stands da feira e no espacio adicado as actividades por parte d@s expositor@s.
Taboeiro Produart: disporá dun espazo adicado a publicidade de comunicacións, ofertas e demandas ecolóxicas de calqueira Asociación, Organización ou Colectivo interesado.
HORARIO de apertura ó público de Produart 09 venres 31 de xullo de 17.30 h. a 22.00 horas sábado e domingo, 1 e 2 de agosto de 11.30 h. a 14.00 horas e de 17.30h. a 22.00 horas
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com