Adega
INICIO Delegacións A Coruña
A Coruña
Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico PDF Imprimir Correo-e
Envia Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico a FaceBookEnvia Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico a Twitter
Foto: AEMS-Ríos con Vida30 de agosto de 2012. Un recentepdfconvenio asinado entre Augas de Galiza e o Concello da Coruña para a xestión e explotación do encoro de Cecebre, destapa o incumprimento continuado durante 40 anos das obrigas ambientais do concello e a connivencia da Xunta coas empresas hidroeléctricas. Mediante este convenio, o concello da Coruña financiará as obras de ampliación da captación de Cecebre e a cambio Augas cederalle a xestión do encoro. A Xunta acometerá tamén a construción dun "dispositivo de remonte" para cumprir coas condicións fixadas ao concello... en 1973! Isto significa que o concello da Coruña incumpríu a concesión de xeito continuado durante 40 anos ao manter "curtocircuitado" o Mero, perxudicando o seu estado ecolóxico. Alén disto, a auga que chegará de Meirama non só levará da man unha minicentral senon dúas: En Cecebre, hai unha concesión de 1998 a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L.", empresa sen actividade até que en 2009 coincidindo co enchido da balsa de Meirama, "resucita" e apresenta o proxecto de explotación. Esta empresa, como revelou un xornal local, está participada maioritariamente pola familia da actual concelleira de Cultura de A Coruña, e ten o seu domicilio social na mesma ubicación que as ducias de empresas que montou Castro Valdivia, imputado na trama das minicentrais. 
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Inspección PROXECTO RÍOS, primaveira do 2.012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Inspección PROXECTO RÍOS, primaveira do 2.012 a FaceBookEnvia Inspección PROXECTO RÍOS, primaveira do 2.012 a Twitter

sisalde primaveira 2012A Coruña, 27 de Maio de 2.012. O grupo de voluntariado da Coruña, do Proxecto Ríos, realizou a inspección de primaveira no tramo do río Sisalde, no Concello de Arteixo (A Coruña), que temos sinalado para estas inspeccións. Nuns poucos días teremos toda a información sobre os datos máis salientables da situación na que se atopa este tramo do río.

A vindeira cita, dentro desta campaña de inspección, faremola no outono deste ano.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Celebrouse a Asamblea Comarcal de Adega Coruña PDF Imprimir Correo-e
Envia Celebrouse a Asamblea Comarcal de Adega Coruña a FaceBookEnvia Celebrouse a Asamblea Comarcal de Adega Coruña a Twitter

asamblea_corunhaO pasado sábado día 24 de marzo celebrouse a asamblea comarcal de Adega Corunha. No acto, deuse lectura e aprbouse a acta da asamblea anterior, e presentáronse o informe de xestión e o informe de finanzas.Posteriormente fíxose un repaso das principales problemáticas abordadas ao longo destes dous anos (vídeo: https://vimeo.com/39217001) e marcouse o plano de actuación para este ano. Acordouse seguir na liña de realización de actividades no marco do Proxecto Ríos, en torno á ría do Burgo, a participación na Plataforma pola Mobilidade e outras actividades.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Somos cidade! PDF Imprimir Correo-e
Envia Somos cidade! a FaceBookEnvia Somos cidade! a Twitter

somoscidade

O próximo mércores 8 de febreiro a Plataforma pola Mobilidade, da que ADEGA forma parte, vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.

O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!

Os grupos iranse actualizando no blog http://plataformapolamobilidade.blogaliza.org/. Ao final, tod@s converxeremos na praza de Pontevedra onde terá lugar un pequeno acto. Ven e participa, entre tod@s faremos cidade!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Inspección río Sisalde - Proxecto Ríos PDF Imprimir Correo-e
Envia Inspección río Sisalde - Proxecto Ríos a FaceBookEnvia Inspección río Sisalde - Proxecto Ríos a Twitter

O pasado domingo 13 de novembro realizamos a inspección no río Sisalde, en Arteixo, no marco do Proxecto Ríos. Malia que o día comezou cun forte temporal que presaxiaba o peor, cara ás 11 da mañá foi abrindo e unha vez seleccionado o tramo do río puidemos realizar a análise hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica, e ademáis disfrutar dunha agradable mañá na que puidemos achegarnos ao río e aprender a coñecelo.

Deixámosvos aquí algunhas fotos da xornada:

https://picasaweb.google.com/104716198071398985108/ProxectoRios?authkey=Gv1sRgCPmv-ZuK45ufmQE

DSC_0222DSC_0256DSC_0216

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 8

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA