Adega
INICIO Delegacións A Coruña
A Coruña
"Rexeneración" de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema PDF Imprimir Correo-e
Envia "Rexeneración" de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema a FaceBookEnvia "Rexeneración" de Riazor, Orzán e San Amaro: desbaldimento de cartos e agresión ao ecosistema a Twitter
18 de febreiro de 2010. Coa escusa de "rexenerar" o medio, un proxecto de Costas pretende deitar 300.000 Tm de area de canteira sobre as praias coruñesas de Riazor e Orzán, e outras 10.000 Tm en San Amaro. Detrás desta medida, que artificializará aínda máis o litoral da Coruña, ampliando o ancho das praias en 30 m para aumentar en 5.000 os ocupantes, están unicamente determinados intereses turísticos. Tanto ten que os recurrentes aportes de area desnaturalicen o ecosistema, sexan moi custosos (12 millóns de €), e non servan para remediar a degradación das nosas costas. Trátase de imitar o modelo Benidorm/Sanxenxo con praias clónicas nas que a única función é acoller ao maior número de persoas posíbel. Acode á concentración do sábado 20 de febreiro ás 12:30h en María Pita convocada polo colectivo "Defendendo as praias" e apoiada por organizacións cidadás e ecoloxistas.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Ampliación de Alvedro: delirio localista ou pelotazo encoberto? PDF Imprimir Correo-e
Envia Ampliación de Alvedro: delirio localista ou pelotazo encoberto? a FaceBookEnvia Ampliación de Alvedro: delirio localista ou pelotazo encoberto? a Twitter
alvedro.jpgA Coruña, 19 de maio de 2009. ADEGA, xunto cunha manchea de veciños/as, asociacións e concellos (Culleredo, Cerceda, Cambre e Oleiros) ven de apresentar Alegacions ALVEDRO -ADEGA.pdf ALEGACIÓNS (26 KB) á prevista ampliación en 400 m da pista do aeroporto de Alvedro. Esta obra, de brutal impacto paisaxístico e territorial, viría a duplicar o trafego de aeronaves, ruído e polución, sobre a poboada área metropolitana da Coruña. Alén disto e ao longo de 2 anos de obras, sería preciso remexer máis de 4 millóns e medio de m3 de terra e rochas para criar un xigantesco talude de máis de 40 m de alto fendendo o val do Mero. Os arrastres desta faraónica obra rematarán no fondo da ría do Burgo, supoñendo a puntilla definitiva para este castigado entorno e exterminando a produción marisqueira. Co AVE ás portas, a quen beneficia esta delirante obra?
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manifestación pola Defensa da Ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifestación pola Defensa da Ría do Burgo a FaceBookEnvia Manifestación pola Defensa da Ría do Burgo a Twitter
a_corua_porto.jpgA Coruña, 18 de setembro de 2008. Logo da celebrada o pasado mes de xuño polas rúas da Coruña, a Plataforma en Defensa da Ría do Burgo (na que participa ADEGA da Coruña) convoca nova manifestación para este vindeiro sábado 20 de setembro ás 7:30 do serán. Desta volta, trasládase o cenario da marcha ao propio entorno da ría: transcorrerá entre a Casa das Palmeiras, no Temple (a carón do cruce do Paraugas), e a Praza de Europa do Burgo, do outro lado da ponte sobre a ría. Acode en defensa da túa ría!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 8

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA