Adega
INICIO Delegacións A Coruña
A Coruña
Concentración no Toural e denuncia na UE pola contaminación da ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia Concentración no Toural e denuncia na UE pola contaminación da ría do Burgo a FaceBookEnvia Concentración no Toural e denuncia na UE pola contaminación da ría do Burgo a Twitter

riadoburgoA Coruña, 3 de agosto de 2010. A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 asociacións ecoloxistas, veciñais, políticas, deportivas e empresariais, decidiu levar o problema de degradación deste espazo ao Parlamento Europeo, ao considerar que a pasividade e a connivencia das autoridades responsábeis (Estado, Xunta e concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo) está criando unha situación de emerxencia ambiental e poñendo en risco continuado a saúde humana. Aliás este sábado 7 de agosto ás 11:30h concentrarémomos na praza do Toural en Compostela, para protestar pola contaminación da ría e amosar as evidencias do seu pésimo estado. Baixa a Denuncia_UE_RÍA_DO_BURGO (185 Kb)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manobras sospeitosas de Fomento para a ampliar o aeroporto de Alvedro, custe o que custe PDF Imprimir Correo-e
Envia Manobras sospeitosas de Fomento para a ampliar o aeroporto de Alvedro, custe o que custe a FaceBookEnvia Manobras sospeitosas de Fomento para a ampliar o aeroporto de Alvedro, custe o que custe a Twitter
alvedroA Coruña, 26 de xullo de 2010. Os técnicos de AENA xa comenzaron a "visitar" Culleredo apesar de que o Ministerio de Medio Ambiente aínda non contestou ás 14.000 alegacións apresentadas en maio do 2009. A insistencia de Fomento en realizar esta obra, enviando por diante aos técnicos de AENA a coaccionar á veciñanza, fai que ADEGA sospeite que detrás deste proxecto hai algo máis que localismo, e talvez agoche intereses especulativos. Resulta difícil de atopar xustificación a unha obra baseada en estimacións e necesidades irreais e que o estudo preliminar cualifica de "impacto medioambiental, cultural e social severo".
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA cuestiona o éxito do polémico recheo das praias de Orzán e Riazor PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA cuestiona o éxito do polémico recheo das praias de Orzán e Riazor a FaceBookEnvia ADEGA cuestiona o éxito do polémico recheo das praias de Orzán e Riazor a Twitter

praia_do_orzn_o_15_de_xullo_do_2010

A Coruña, 19 de Xullo de 2010. ADEGA cuestiona a utilidade do recheo de caolín levado a cabo nas praias coruñesas despois de que o mar experimentara fortes subidas durante os pasados días.

Á vista das fortes subidas da auga recentemente sufridas nas praias locais durante a última marea (especialmente o día 14 deste mes) a asociación ecoloxista ADEGA pregúntase a utilidade de dita obra, xa que un dos principais argumentos esgrimidos á hora de propor a súa necesidade era, precisamente, que o aumento de 20 metros no caso dos areais do Orzán e de Riazor protexería a balaustrada do paseo marítimo do oleaxe mariño nos meses do inverno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro PDF Imprimir Correo-e
Envia Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro a FaceBookEnvia Montañas en Rede en Culleredo contra a ampiación de Alvedro a Twitter

thumb_MonteSanMIguel

A Coruña, 30 de maio de 2010. A asociación ecoloxista ADEGA xunto coa Asociación de Veciños Afectados pola Ampliación do Aeroporto de Alvedro denunciaron onte en Culleredo unha nova agresión medioambiental no marco do programa Montañas en Rede 2010. ADEGA e a Plataforma de Afectados do Aeroporto de Alvedro realizaron onte domingo un acto conxunto no próximo monte de San Miguel. Como todos os anos, esta fin de semana levouse a cabo a 5ª edición Montañas en Rede na que diversos colectivos e particulares de todo o estado reclaman aos políticos un compromiso na protección do espacio natural, dos nosos montes e das nosas montañas frente as agresións que sofren a cotío, principalmente a agresión urbanística que deforesta tanto terreo cada ano.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Nova Directiva de ADEGA na Coruña: máis azos a prol do ambiente PDF Imprimir Correo-e
Envia Nova Directiva de ADEGA na Coruña: máis azos a prol do ambiente a FaceBookEnvia Nova Directiva de ADEGA na Coruña: máis azos a prol do ambiente a Twitter
directiva2010A Coruña, 9 de maio de 2010. ADEGA vén de apresentar este pasado sábado a nova equipa directiva da delegación da Coruña, cidade na que precisamente naceu a organización hai 34 anos e que acolle á meirande parte dos seus socios e socias. No acto do Centro Cultural Alexandre Bóveda estiveron presentes a Presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, o Secretario Xeral, Froilán Pallín e todos os membros da recentemente constituída Directiva local, presidida por Amancio Sotillo. A delegación coruñesa márcase como obxectivos inmediatos reactivar a defensa ecolóxica da comarca, facer visíbeis as problemáticas ambientais neste eido de actuación e achegar a perspectiva e as propostas ecoloxistas aos asuntosde interese para a cidadanía.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 8

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA