III Feira da Sustentabilidade na UDC Imprimir
Envia III Feira da Sustentabilidade na UDC a FaceBookEnvia III Feira da Sustentabilidade na UDC a Twitter

II feira UDCEste 12 de decembro de 11:00 a 19:00h celebrarase na Facultade de económicas da UDC a III Feira da Sustentabilidade, co fin de achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas. Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais. Un membro do Proxecto Fiare explicaranos en que consiste o proxecto da banca ética nunha charla-debate. E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco.


Programa da Feira:

- 11.00 h Apertura da III Feira de Nadal
- 11:15 h Inauguración da III Feira de Nada
- 11.30 h Charla- debate: Fiare, Banca ética (a cargo de Raúl Asegurado, presidente da asociación Fiare Galiza) Aula O.5
- 12.30 h Obradoiro: Cestería con papel. FEITO CON XEITO. 1º Andar
- 17:00 h Obradoiro: Cosméticos naturais. ADEGA. 1º Andar

Ademais, en horario continuado levarase a cabo:

- Exposición de xogos tradicionais. A casa dos xogos. 1º Andar
- Mercadiño de Troco. 1º Andar
19:00 h Peche da Feira

¡ESPERÁMOSVOS!

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com