Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico Imprimir
Envia Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico a FaceBookEnvia Trasvase Meirama-Cecebre: Troco de cromos entre a Xunta e o concello da Coruña con "pelotazo" hidroeléctrico a Twitter
Foto: AEMS-Ríos con Vida30 de agosto de 2012. Un recentepdfconvenio asinado entre Augas de Galiza e o Concello da Coruña para a xestión e explotación do encoro de Cecebre, destapa o incumprimento continuado durante 40 anos das obrigas ambientais do concello e a connivencia da Xunta coas empresas hidroeléctricas. Mediante este convenio, o concello da Coruña financiará as obras de ampliación da captación de Cecebre e a cambio Augas cederalle a xestión do encoro. A Xunta acometerá tamén a construción dun "dispositivo de remonte" para cumprir coas condicións fixadas ao concello... en 1973! Isto significa que o concello da Coruña incumpríu a concesión de xeito continuado durante 40 anos ao manter "curtocircuitado" o Mero, perxudicando o seu estado ecolóxico. Alén disto, a auga que chegará de Meirama non só levará da man unha minicentral senon dúas: En Cecebre, hai unha concesión de 1998 a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L.", empresa sen actividade até que en 2009 coincidindo co enchido da balsa de Meirama, "resucita" e apresenta o proxecto de explotación. Esta empresa, como revelou un xornal local, está participada maioritariamente pola familia da actual concelleira de Cultura de A Coruña, e ten o seu domicilio social na mesma ubicación que as ducias de empresas que montou Castro Valdivia, imputado na trama das minicentrais. 

O previsto trasvase da auga dende a balsa mineira de Meirama ao encoro de Cecebre, camuflado como "millora" do abastecemento de auga á Coruña, ven con dúas minicentrais debaixo do brazo. Unha, a que aparece no proxecto para o río Barcés, que turbinaría a auga da balsa mediante un túnel de 1,4 km, sen adxudicatario coñecido (a menos que a Xunta rescate a concesión que no seu día outorgou a "Hidroeléctrica del Arnoya", propiedade da familia de Francisco Vázquez e Fontenla).

A outra estaba prevista nunha concesión de 1998 á empresa "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L." para turbinar o Mero ao pé do encoro de Cecebre e que até o de agora non se executou. Ao parecer, este proxecto mantívose inactivo até que, coincidindo coa idea de Fenosa de "rexenerar" o oco mineiro de Meirama enchéndoo de auga, a concesionaria presentou o proxecto de execución. A este respeito, tendo en conta que dende que se aprobou a concesión administrativa a "Minicentrales Hidroeléctricas de Galicia S.L." (1998) até que se apresenta o proxecto da obra (2009) pasaron 11 anos, esta concesión xa debera ter caducado. O prazo que a administración dá á concesionaria para executar o proxecto non adoita ser superior a 4 anos. Pasado este sen ter feito a obra, a concesión pode -e debe- ser declarada caduca. Como é que fronte e este máis que probábel incumprimento das cláusulas da concesión a Xunta tramita agora o proxecto?

Mais non é esta a única irregularidade detectada no asunto do trasvase Meirama-Cecebre. Como o volume do encoro de Cecebre veriase incrementado coas achegas da balsa mineira, habería que facer obras na captación de auga que a Coruña ten neste encoro para aumentar a capacidade de subministro. Para iso, Augas de Galicia vén de pdfasinar un convenio polo que o concello da Coruña farase cargo destas obras e a cambio a Xunta cederalle a xestión do encoro. A nosa sorpresa vén ao comprobar que unha das cláusulas recolle que a Xunta construirá un "dispoditivo de remonte" para que a fauna piscícola poida sobrepasar o encoro, cumprindo así coas obrigas que fixaba a captación de auga da Coruña, concedida en 1973! Isto significa que durante 40 anos, o concello da Coruña incumpríu as condicións da captación e impedíu a permeabilidade do encoro para a fauna do río.

Para ADEGA, este polémico proxecto está destapando un cúmulo de irregularidades manifestas, intereses escuros e turbios manexos por parte das administracións públicas que, independentemente dos obxectivos declarados, teñen como claras beneficiarias a empresas hidroeléctricas adxudicatarias das concesións do fraguismo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com