Xuntanza polo Río Mandeo. 6 de Xullo Imprimir
Envia Xuntanza polo Río Mandeo. 6 de Xullo a FaceBookEnvia Xuntanza polo Río Mandeo. 6 de Xullo a Twitter

Betanzos, 5 de xullo de 2011. É por todas e todos coñecida a actual situación que está a padecer o río Mandeo e o seu entorno, contando, a día de hoxe, con diferentes e variadas problemáticas (calidade das súas augas, verquidos incontrolados, hidroeléctricas, vertedoiros, etc), así como con múltiples intervencións, por parte de diferentes administracións e colectivos (Deputación de A Coruña, Xunta de Galicia, colectivos ecoloxistas, sociais, de pescadores, deportivos, conservacionistas, etc), que tentan preservar o valor do río eo seu entorno.

Diante desta situación a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) quere iniciar un proceso de posta en común de actividades, propostas, planificación de traballos, etc. que estemos a realizar as orgaizacións sociais implicadas na defensa da nosa biodiversidade, neste caso concreto o río Mandeo, co obxectivo de multiplicar os resultados de conservación e protección e intentando deste xeito non dividir ou duplicar esforzos.

Por todo o anterior convocámosvos, e convidámosvos a participar, na xuntanza que se vai celebrar o vindeiro mércores, día 6 de Xullo, ás 20:30 horas, no Local Social “Da Ribeira”, en Betanzos.

Cremos sinceiramente que entre todas e todos poderemos acadar as mellores solucións co fin de legar ás novas xeracións o patrimonio do que nós temos disfrutado.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com