A Plataforma en Defensa do Mandeo denuncia a deixadez das autoridades Imprimir
Envia A Plataforma en Defensa do Mandeo denuncia a deixadez das autoridades a FaceBookEnvia A Plataforma en Defensa do Mandeo denuncia a deixadez das autoridades a Twitter
Río MandeoA Coruña, 21 de decembro de 2010. A PLATAFORMA DEFENSA MANDEO, que inclúe persoas de diversos colectivos como ADEGA, GREENPEACE, ASOCIACIONS VECIÑAIS, ASOCIACIONS DE PESCADORES, etc, e, asemade, de diversas localidades, ven de manter unha reunión o mércores pasado co fin de estudar a situación do Vertedoiro de As Pías, en Sobrado e as posíbeis medidas de actuación. As conclusións ás que se chegaron foron de unha gran preocupación polo agravio medioambiental que se está producindo na localidade de Sobrado, coa importante engádega da proximidade do nacemento do río Mandeo á canteira que se está recheando co lixo “sobrante” de Nostián.

A empresa que xestiona os residuos en Sobrado non conta con licenza municipal de actividade aínda que leva funcionando dende fai varios anos.

O seu fin inicial era a valoración de residuos procedentes da construción. A Plataforma conta con documentación gráfica de que os vertidos son de todo tipo, dende plásticos, bidóns de produtos químicos, residuos procedentes de Nostián, ....

O solo da canteira non está debidamente impermeabilizado o que supón un vertido de lixiviados ao nacemento do río Mandeo.

As autoridades medioambientais e o propio Concello non fan nada para paralizar esta actividade aínda recoñecendo a súa ilegalidade.

A empresa multiplicou no último ano, a recepción de lixo provocada pola procedencia do de Nostián polo que a capacidade da canteira está chegando ao seu límite.

A Plataforma pola Defensa do Mandeo teme que ao remate da súa capacidade a empresa desapareza deixando en herdanza a contaminación do río Mandeo. Un dos ríos máis importantes na comarca da Mariña, que pasa polos concellos de Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza, Paderne e Sobrado. Tanto é así que, a Deputación de A Coruña ten prevista, no chamado Proxecto Mandeo, unha inversión de 12,4 millóns de euros para “transformar a actual e infravalorada conca do río Mandeo nun entorno de gran valor ecolóxico, cultural e turístico”.

Dende a Plataforma manifestamos a nosa decepción pola desmobilización das autoridades e organismos públicos que non poñen fin ao que a corto prazo poida acontecer no nacemento do río Mandeo.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com