ADEGA, e outras asociacións pídenlle a Ministra que deteña a ampliación de Alvedro Imprimir
Envia ADEGA, e outras asociacións pídenlle a Ministra que deteña a ampliación de Alvedro a FaceBookEnvia ADEGA, e outras asociacións pídenlle a Ministra que deteña a ampliación de Alvedro a Twitter

MonteSanMiguelA Coruña, 16 de decembro de 2010. A asociación ecoloxista ADEGA, a asociación de veciños O Noso Burgo e a Asociación de Afectados pola Ampliación do Aeroporto envíaronlle onte á tarde unha carta a nova ministra de Medio Ambiente pedíndolle a revisión o documento de Declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación do aeroporto de Alvedro, facendo incidencia na sospeitosa aprobación do proxecto en base ás necesidades do Ministro de Fomento e na falta de rigor do estudio.

Dende  ADEGA queremos sinalar que moitas veces neste tipo de obras o beneficio radica únicamente nos intereses económicos relacionados coa súa construcción, sendo os cidadáns os grandes perxudicados xa que non só non mellorará a súa calidade de vida, senón que se destruirá o seu entorno natural, como neste caso no que un núcleo histórico será desfeito, varios montes destruídos e incluso a ría do Burgo sufrirá as consecuencias. Por eso a través desta carta reclamamos á ministra unha revisión do documento e do proxecto para evitar que unha obra innecesaria perxudique unha vez máis o noso entorno.

Pode ver a carta na seguinte ligazón     Carta_ministra_de Medio Ambiente

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com