A Fiscalía admite a trámite a denuncia pola ampliación do aeroporto de Alvedro Imprimir
Envia A Fiscalía admite a trámite a denuncia pola ampliación do aeroporto de Alvedro a FaceBookEnvia A Fiscalía admite a trámite a denuncia pola ampliación do aeroporto de Alvedro a Twitter
pista2A Coruña, 22 de novembro de 2010. A denuncia interposta pola asociación veciñal O Noso Burgo, A Confraría d'A Coruña e ADEGA pola ampliación de Alvedro foi admitida a trámite pola fiscalía especializada en asuntos medioambientais do TSXG. Os colectivos denunciantes vímonos na obriga de acudir á xustiza debido ao estado de indefensión no que ficamos fronte a administración, que nen sequera molestouse en contestar ás alegacións feitas fai xa case dous anos. A denuncia fai especial fincapé no feito de que o Ministerio de Medio Ambiente tivera que pedirlle até tres veces unha verdadeira xustificación da obra ao promotor, neste caso AENA, que alén de non dar resposta, aprobou finalmente o proxecto.

Outro dos puntos sospeitosos é que a pesares de recoñecerse por parte do Ministerio da afección da obra na Ría do Burgo non se establecen medidas concretas que aseguren a correcta protección que merece este espazo natural. E lánzase a curiosa mensaxe dende o Ministerio de Medio Ambiente de que como o estado desta ría non é óptimo é mellor darlle o estoque final que colaborar na súa recuperación esixida pola Unión Europea.


Por iso, e por outras importantes cuestións que deixa no aire no DIA, quer a verdadeira pegada sonora do aeroporto coa ampliación, ou as molestias que se vai causar á veciñanza durante as obras, ou as agresións ao patrimonio de Culleredo en especial a Igrexa de Santo Estevo (do século XII), ADEGA confía en que o Fiscal poña cordura nesta barbaridade e consiga parar este proxecto inxustificábel, localista, electoralista, caprichoso e pouco respetuoso co medio ambiente.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com