ADEGA cuestiona o éxito do polémico recheo das praias de Orzán e Riazor Imprimir
Envia ADEGA cuestiona o éxito do polémico recheo das praias de Orzán e Riazor a FaceBookEnvia ADEGA cuestiona o éxito do polémico recheo das praias de Orzán e Riazor a Twitter

praia_do_orzn_o_15_de_xullo_do_2010

A Coruña, 19 de Xullo de 2010. ADEGA cuestiona a utilidade do recheo de caolín levado a cabo nas praias coruñesas despois de que o mar experimentara fortes subidas durante os pasados días.

Á vista das fortes subidas da auga recentemente sufridas nas praias locais durante a última marea (especialmente o día 14 deste mes) a asociación ecoloxista ADEGA pregúntase a utilidade de dita obra, xa que un dos principais argumentos esgrimidos á hora de propor a súa necesidade era, precisamente, que o aumento de 20 metros no caso dos areais do Orzán e de Riazor protexería a balaustrada do paseo marítimo do oleaxe mariño nos meses do inverno.

O acaecido na última semana, cando o mar invadiu o areal ata facelo desaparecer case por completo debido ás vivas mareas en conxunción coa marexada, fai dubidar da utilidade que puidera ter dito recheo fronte as olas do inverno, que adoitan subir ata a estrada cada ano.

ADEGA considera que este feito ven reforzar un dous principais argumentos que asociacións e veciños esgrimiron en contra desta obra, quenes advertían que botar pó de canteira non ía ser unha solución xa que o mar arrastra este tipo de sustancia con máis facilidade que a area, o que convertería o proxecto nun simple desbaldimento de cartos xa que na opinión dos expertos dentro de dez anos haberá que levar a cabo unha actuación similar. Se isto ocorrera demostraríase que o único motivo polo que se fixo o recheo foi para mellorar as condicións lúdicas da praia, sendo isto unha actitude bastante irresponsable nos tempos de crise nos que nos atopamos inmersos.

ADEGA considera que en proxectos deste tipo antes de tomar decisións cumpre mirar mais aos expertos e menos aos políticos, e non infravalorar a forza natural do mar.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com