Manifestación antitouradas en Pontevedra |
|
|
Sábado, 31. Xullo 2010, 20:00
|
|
A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra organiza, un ano máis, un conxunto de actividades encamiñadas a denunciar a tortura convertida en espectáculo que constitúe a “feria taurina”, demandando tanto o cese de calquera promoción ou soporte público ás touradas, a modificación da lexislación para abolir a tauromaquia e mais a declaración da nosa cidade como “antitaurina e amiga dos animais”, considerando, ademáis, que esta mal chamada tradición non ten nada que ver coa historia e tradicións dos galegos e galegas.
A actividade central desta tempada será a Manifestacion do día 31 ás 20h da tarde desde a Peregrina, baixo o lema “A tortura non é arte nen cultura. Touradas fóra de Pontevedra” .
Este ano a manifestación non está convocada en exclusiva pola Coordenadora, se non que diversos colectivos e organizacións da comarca serán os que convoquen de forma conxunta: Convocan: APDR , ADEGA, BRIGA, C. Ecoloxista do Salnes, Coordenadora Antitouradas de Pontevedra, CNT , C.S Revira, Galiza Nova, Plataforma Antitouradas de Pontevedra, Nos-Up, Os Chichisos, Protectora “Os Palleiros”, Vaipolorio, Verdegaia.
Desde a Coordenadora valoramos como fundamental o traballo coordenado e unitario de cara á erradicación da touradas, de tal modo que asumimos e facemos noso o manifesto unitario para manifestación do día 31 de xullo.
ACTIVIDADES DA COORDENADORA
VENRES 30 DE XULLO. 20H. CENTRO SOCIAL REVIRA (Gonzalo Gallas, 4)
“As touradas a debate”. Charla-coloquio con Montse Valencia (xurista de Amigos da Terra) e membros da Coordenadora SÁBADO 31 DE XULLO.
Manifestación Antitouradas baixo a lenda “A tortura non é arte nen cultura”. Touradas fóra de Pontevedra. Praza da Peregrina. 20h.
MARTES 3 DE AGOSTO. 11h.
ROTEIRO ANTITOURADAS. Discorrerá polas diferentes institucións Públicas da cidade para entregar vía rexistro as nosas demandas. Ponto de inicio: edificio da Xunta de Galicia en Campolongo. Entregas en: Subdelegación do Goberno Estatal, Deputación de Pontevedra, Concello de Pontevedra. MÉRCORES 4 DE AGOSTO. 20H. Centro Social Revira (Gonzalo Gallas, 4)
Asemblea Aberta contra as Touradas. Convite a diversos colectivos e organizacións da cidade para debater as liñas de actuación e socialización de cara á erradicación das touradas. SÁBADO 7 DE AGOSTO. 20h.
Pasa-rúas antitouradas desde a Praza da Peregrina. Ao remate iremos até o C.S Revira onde terá lugar a clausura da xornada antitouradas do 2010.
Actividades complementares: instalación dunha mesa informativa na praza da Peregrina.
|
Volver
|