Xornada de voluntariado ambiental en Quilmas (Carnota) |
|
|
Sábado, 29. Maio 2010, 10:00
|
|
Este vindeiro sábado 29 de maio nas instalacións da Cooperativa de Cultivo ecolóxico Rainha Lupa, de Quilmas (Carnota) voluntarios/as e cooperativistas desenvolveremos unha xornada de traballo arredor da horta ecolóxica.
Se estades interesados/as en asistir, comunicádello ao compañeiro Xosé Manuel Casais (697364124; 618884315), membro de Rainha Lupa e ADEGA, con data límite o venres 28. Os/as asistentes terán a mantenza de balde e poderán participar na subida ao Chan das Lamas (macizo do Pindo) para reivindicar a protección das montañas dentro da campaña "Montañas en Rede 2010". |
Volver
|