Adega
INICIO Actividades

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
I Encontro Solar na UDC
Martes, 5. Xuño 2012, 11:00

373302 344028862333994 578477318 nADEGA e a oficina de medio ambiente (OMA) organizan o primeiro encontro solar na UDC. Esta actividade pretende ser un espazo de participación que divulgue entre diferentes ámbitos da cidadanía a aplicación da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso O sol é o principal responsable da vida no planeta; regula o ciclo da auga e contribúe a súa depuración, orixina os ventos polas diferenzas de presión, produce a fotosínte, etc., é dicer, é a orixe de case todas as fontes de enerxía; hidraúlica, eólica, biomasa, carbón, etc. Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos, porén, o seu uso aínda está moi pouco estendido. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamentos preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático. Neste encontro pretendese divulgar as bondades desta fonte de enerxía limpa, gratuíta e inesgotable que leva xa enchufada uns cinco mil millóns de anos. Ademais este é o ano adicado á eficiencia enerxética e celebramos este evento no día adicado ao medio ambiente. As actividades comezarán o martes as 11.00h na praza da Fraga. Con cociña solar, obradoiro de construción de forno solar , chocolatada con sol… e durante toda a mañá exposición de trebellos solares e a exposición enchúfate ao sol

Localización : Praza da Fraga (Campus A Zapateira)
Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA