Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro pola Serra do Galiñeiro
Domingo, 17. Xuño 2012, 11:00

ROTEIRO POLA SERRA DO GALIÑEIRO
(ÁREA DE VIGO)

Remataremos a campaña de roteiros 2011-2012 percorrendo a Serra do Galiñeiro. Trátase dun lugar cheo de lendas e tamén cun rico patrimonio noutros aspectos: arqueolóxico, xeolóxico, biolóxico, etc. Estes valores abondarían para que a Serra fora incorporada ao Parque Natural do Monte Aloia.
Pola contra, son moitas as agresións que poñen en perigo a súa riqueza: canteiras, vertedoiros, pistas, proxecto de instalación dun parque eólico, etc. Subiremos á Serra desde o lugar de Vincios (Gondomar) e realizaremos un percorrido circular de 10 km e de dificultade media.

 

COLABORA: Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro
http://serragalinheiro.wordpress.com/; www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

DOMINGO, 17 de XUÑO de 2012
Xeral.................................................................................. 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………...................................12 €
Soci@s............................................................................... 10 €
Até 17 anos.......................................................................... 5 €

 

SAÍDAS:

LUGO: desde a Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h.
COMPOSTELA: desde o Pazo de Congresos ás 9:30 h.
VINCIOS: desde a saída da autopista AG-57 ás 11:00 h.

Imprescindíbel anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Máis info: www.adega.gal e roteirosadegalugo.blogaliza.org
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA