Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo polos Ancares
Domingo, 29. Xaneiro 2012, 09:00

ROTEIRO POLOS ANCARES: DOIRAS-CERVANTES
Lenda da cerva branca de Cervantes

Cromo: Galicia HoxeIniciarase o roteiro cunha visita ao Castelo de Doiras, elemento máis representativo do Concello de Cervantes. Este singular lugar serviu de morada a Aldara, personaxe feminino da lenda da cerva branca dos Ancares. Camiñando pola beira do río Cancelada chegaremos a Cereixido. Nesta laldea poderemos comprobar o deplorable estado da súa igrexa, un expoñente do despoboamento da Comarca. O seguinte lugar a visitar será Deva, no que aínda se conservan destacados elementos patrimoniais: pallozas e hórreos que precisarían unha fonda restauración. Remataremos o roteiro dirixíndonos cara aos montes de Brego.

15 quilómetros de dificultade media

DOMINGO, 29 de XANEIRO de 2012

Xeral.......................................................................................... 15 €

Estudantes, xubilad@s e no paro…………...........................................12 €
Soci@s........................................................................................ 10 €
Ata 17 anos................................................................................... 5 €
O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h.
Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s


PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO
26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra) 20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
25 marzo: Monte Cornería (Barreiros) 17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)
22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)

+info: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA