Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Asemblea Ordinaria de ADEGA Lugo
Venres, 28. Outubro 2011, 18:00 - 22:00

Convocatoria de Asemblea Ordinaria

ADEGA-Lugo 2011

Venres, 28 outubro, 18 h. a 22 h.

Salón de Actos do Edificio de Sindicatos

Estimad@ soci@: A Natureza precisa máis de nós, nestes momentos en que a crise económica está a deixar en segundo lugar as necesidades de preservar o noso ambiente natural e cultural. Como grupo ecoloxista somos conscientes de que esta situación de desequilibrio social ten, sobre todo, unha causa ambiental: Abuso dos recursos tanto dos renovábeis como dos non renováveis, malas prácticas ambientais no uso do solo, da auga e do ar que está levando ao conxunto da humanidade a situacións límite de fame e de necesidade. Na Galiza precisamos colocar o problema no seu xusto lugar tendo en consideración a potencialidade de riqueza dos nosos rios, do noso solo e, en xeral, do noso ambiente natural e cultural.

Por iso, porque consideramos que esta crise é fundamentalmente unha crise ambiental e de recursos, precisamos máis que nunca da túa axuda e colaboración. Queremos que veñas partillar conosco a planificación do noso futuro traballo. Cantos máis participemos, máis fructífera será a nosa acción.

Convocámoste á vindeira Asemblea  Ordinaria de ADEGA-Lugo, que terá lugar o día  28 de outubro no salón de Actos do Edificio de Sindicatos, Ronda da Muralla 58, a partir das 18:00 horas.

A continuación sinalamos os asuntos da orde do día.

ORDE DO DÍA:

18:00  Recepción e comezo do traballo.

18:05  Balance dos traballos realizados por ADEGA-Lugo nos dous últimos anos.

18:30  Resumo das contas e balance económico de ADEGA-Lugo.

18:45  Espectativas de futuro e proxectos para os vindeiros anos.

19:00  Renovación da Xunta Directiva.

19:30  Rogos e Preguntas.

20:00- .MESA REDONDA:

URBANISMO E ARQUITECTURA. O CASO  DE BARREIROS

-          Raúl Veiga. Presidente colexio de arquitectos de Lugo.

-          Ramón Lueje, ex-director xeral  de urbanismo.

-          Daniel L. Vispo. ADEGA.

-          Xoán Pinto Tasende. Premio nacional de arquitectura en madeira. Representante  do Observatorio Galego do Territorio.

(**O vindeiro 4 de novembro, tamén no Salón de Actos do Sindicatos (Ronda Muralla, 58), ás 20 horas, terá lugar a mesa “URBANISMO E DEREIRO. O CASO DE BARREIROS”; máis info: www.adega.gal).

22:00 CEA DE FRATERNIDADE.  Local O Pajón.

Imprescindible apuntarse á cea (antes do venres), chamando aos números de teléfono: 982240299 ou, 639664924.

 

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA