Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo por Taramundi
Domingo, 27. Febreiro 2011, 09:00

TAramundi O domingo 27 de febreiro, ADEGA Lugo convócanos a participar nun novo roteiro na honra da lingua galega, como principal eixo de conexión patrimonial e cultural entre os galegos e galegas, xunto coa paisaxe e o territorio de Galiza. Pero, desta volta, recoñeceremos a nosa lingua fóra do territorio galego, en terras asturianas do Eo-Navia, en concreto, no concello de Taramundi. Podes baixar o cartaz do roteiro nesta LIGAZÓN.


agua_pNesta área occidental de Asturias unha boa parte dos seus habitantes emprega como lingua oral o eonaviego, máis comunmente coñecida como a FALA. Esta situación contrasta co mal momento que está a vivir en Galicia a lingua galega. Foron tamén moitos os autores asturianos que empregaron a “fala” nas súas obras literarias, destacando dous poetas nados en Taramundi: Antolín Santos Mediante e Conrado Villar Loza, do que cabe citar o seu extenso poema “El Xardín”.

O roteiro permitiranos tamén comprobar por que Taramundi está hoxe á vangarda do turismo rural en Asturias e mesmo no Estado español. Malia o fenómeno xeral do despoboamento rural, este concello soubo darlle un novo enfoque á súa economía, poñendo en valor os oficios tradicionais, baseados, en gran medida, na riqueza da auga e do ferro, elementos moi presentes na toponimia da zona.

Partindo de Taramundi dirixirémonos ao núcleo de Mazonovo. Tras un curto ascenso, avanzaremos a través dun souto de castiñeiros ata chegar ao lugar de Esquíos, no que se expón unha colección de ferramentas tradicionais. Desde aquí dirixirémonos ao lugar das Veigas, exemplo de conxunto arquitectónico ben conservado. Seguindo un camiño á beira do río Turía chegaremos ao singular complexo etnográfico de Teixois, desde onde colleremos o camiño de regreso de novo a Taramundi.

O roteiro ten unha lonxitude de 14 km e pode considerarse de dificultade media.

DOMINGO, 27 de FEBREIRO de 2011

Prezos:

Normal...................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro.............................................12 €
Soci@s.................................................................................... 10 €
Ata 17 anos................................................................................ 5 €

Sairemos de diante da Escola de Maxisterio ás 9 h. Prégase puntualidade.

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

Levar roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:

20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…” Mondoñedo
17 Abril: Modelo Burela Burela
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” Costa da Morte
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” Valença-Monçao

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA