Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Concentración no Obradoiro: Día Mundial do Medio Ambiente 2010
Domingo, 6. Xuño 2010, 12:00

Este vindeiro domingo 6, ás 12 h na Praza do Obradoiro de Compostela, ADEGA e outras organizacións ecoloxistas e sociais galegas convocámosvos a unha concentración con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente 2010. Baixo o lema "O NOSO TERRITORIO, A NOSA IDENTIDADE" escenificaremos as consecuencias do urbanismo depredador e das políticas insustentábeis de ordeamento do territorio que vimos padecendo. Como remate, daremos lectura a un manifesto en defensa do noso territorio e pola conservación dos seus valores naturais asinado polas organizacións convocantes.

Non faltes á cita! deixa ouvir a túa voz no Obradoiro en defensa da Terra!

NOTA: para colaborar na "performance" recomendámosche que acodas con chaleque refectante (os usados en caso de emerxencia no veículo, ou os dos peóns que circulan pola estrada), ou funda de obra e/ou casco. Trataremos de "edificar" uns chalés adosados na Praza do Obradoiro.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA