Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
III xeira do voluntariado ambiental do Proxecto Corna
Mércores, 2. Xuño 2010, 14:30 - 20:00
pcorna10ramsescartaz.jpgDentro dos actos do Día Mundial do Medio Ambiente, o vindeiro mércores 2 de xuño ADEGA levará a cabo novas actividades de voluntariado ambiental dentro do PROXECTO CORNA. Avaliaremos o efecto das actuacións feitas para a conservación desta área dunar e continuamos coas medidas de protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus). Grazas a elas en 2008 e 2009 aniñaron 5 parellas, 3 con pitos. Traballamos tamén no control das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade deste contorno, en especial a Coniza e a Arctotheca, logo de que o Carpobrotus ficara xa erradicado.

PROGRAMA
14:30 - Chegada. Xantar de confraternidade na praia.equipaconiza.jpg
16:00 - Presentación do Proxecto Corna: Fins Eirexas (xeólogo-ADEGA); Miguel Conde (biólogo). Colocación de sinalización informativa, seguemento dos exemplares aniñantes e medidas para protección da píllara papuda (Charadrius alexandrinus).
17:00 - Eliminación de especies vexetais alóctonas e invasoras.
18:30 - Actividades complementares e tempo de lecer.
19:30 - Desprazamento a Coroso e sinalización da praia.
20:00 - Remate da actividade.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA