Concentración anti-encoro do Umia en Caldas |
|
|
Sábado, 2. Outubro 2010, 12:00
|
|
Ante a preocupante situación de contaminación quer está a sufrir o río Umia, situación que se repite todos os veráns, urxe buscar unha solución definitiva para o río, a auga e o conxunto do ecosistema fluvial. É o momento de que a administración traballe por fin para, como manda a lei de Augas e a Directiva Marco da Auga, darlle prioridade ao abastecemento e á recuperación do ecosistema fluvial por riba do negocio hidroeléctrico.
Coa finalidade de expresar publicamente esta esixencia ante Augas de Galiza e de facer unha chamada de atención á cidadanía en xeral sobre os perigos desta contaminación para a saúde do río e da xente, dende ADEGA e a Coordenadora Anti-encoro de Caldas convocamos para o próximo
Sábado 2 de outubro, ás 12 da mañán
no muro do encoro de Caldas
un acto reivindicativo,
ao que están especialmente convocados os grupos políticos da Corporación Municipal de Caldas, veciñanza, ecoloxistas e público en xeral, durante o que se despregará unha pancarta esixindo
AUGA PARA A VIDA E AUGA PARA BEBER ANTES QUE PARA O NEGOCIO
Despregarase tamén outra faixa reclamando que se actúe con sentido común e que, polo tanto, non se vacile en acordar a DEMOLICIÓN dun encoro que non está servindo nin vai poder servir para nada do que dicía a declaración de utilidade pública de 1996.
O acto acabará coa lectura dun escrito recollendo os argumentos en defensa da saúde do río e da auga que se lle entregarán ao Presidente de Augas de Galiza na entrevista que temos xa comprometida para o próximo xoves, día 7, na sé deste organismo. |
Volver
|