Adega
INICIO Áreas temáticas Transxénicos ADEGA participa no I Foro Ibérico contra os transxénicos
ADEGA participa no I Foro Ibérico contra os transxénicos PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participa no I Foro Ibérico contra os transxénicos a FaceBookEnvia ADEGA participa no I Foro Ibérico contra os transxénicos a Twitter
sentrans2.jpgBaixo o título "CON SOBERANÍA ALIMENTARIA, SEN TRANSXÉNICOS: ARTELLANDO LOITAS", os días 15 e 16 de marzo celebrarase en Bilbo un foro ibérico para coordenar loitas e estratexias a favor dunha agricultura e unha alimentación libre de transxénicos. O foro está orientado cara os movementos sociais contrarios á enxeñería xenética na Península Ibérica e a organizacións produtoras de alimentos (labregos/as, comunidades indíxenas, hortas urbanas, etc) a nível mundial. ADEGA e outras organizacións galegas imos participar neste foro aprender das experiencias doutras comunidades e trasladalas a Galiza, dentro da campaña iniciada pola  Plataforma Galega Anti-Transxénicos.Programa TRANSXENICOS.doc Programa FORO OXM

A iniciativa organízase nun momento chave na loita a favor da soberanía alimentaria e en contra dos organismos xeneticamente modificados na agricultura e a alimentación:
-A oposición cidadá aos alimentos transxénicos mantívose firme durante os últimos anos a pesar da enorme presión exercida polas empresas de enxeñería xenética e as actitudes e acciones prol-transxénicos de moitos gobernos en diferentes lugares do Planeta. Un crecente corpo de información científica e económica dá razón a este rexeitamento cidadán.
-Concretamente na Unión Europea, estase visualizando un claro e crecente desmarque de numerosos gobernos rexionais e estatais respecto da postura prol-transxénica da maior parte da Comisión Europea, con moratorias a determinadas variedades modificadas xeneticamente (XM) introducidas por diversos Estados Membros. O propio Comisario de Medio Ambiente contempla rexeitar novas variedades de millo, á vez que variedades XM xa no mercado como o MON810 son xa ilegais ao non superar a renovación de aprobación que marca a lexislación. Estase á porta dunha Europa libre de cultivos transxénicos, fito que beneficiaría enormemente a loita a favor dun mundo libre de OXM.
-No contexto Europeo, a Península Ibérica segue sendo onde maior superficie de variedades OXM se sementa, polo que as estratexias adoptadas polos movementos sociais locais son claves na loita contra os transxénicos.
O foro organízase ao redor dos seguintes PRINCIPIOS BÁSICOS:
1. A necesidade de garantir a agricultura e alimentación libres de transxénicos, tanto ecolóxica ou convencional/tradicional.
2. Tolerancia cero á contaminación OXM en todas as actividades e todos os produtos agrarios e alimentarios.
3. A imposibilidade da coexistencia entre sistemas de produción agraria e alimentaria transxénica e non transxénica.
4. O dereito á soberanía alimentaria e ao uso e conservación da biodiversidade por parte das persoas produtoras de alimentos, ambos incompatibles coa agricultura e alimentación OXM.
O obxectivo básico do foro é analizar e artellar estratexias comúns tanto para promover os obxectivos das organizacións que participan como para garantir os catro principios básicos detallados arriba. Quérese compartir información e facilitar a plasmación dunha voz forte e clara no movemento por unha agricultura libre de OXM de parte dos movementos da Península Ibérica e da poboación campesiña a nivel mundial.
Proponse abordar os seguintes TEMAS:
1. Como manter, promover e/ou recuperar sistemas de produción agraria e alimentación libres de OXM:
a. Implicacións para cultivos con variedades XM no mercado ou que xa están contaminando cultivos non-XM
b. Implicacións para alimentos gandeiros: alimento gandeiro libre de OMG no contexto da produción local de alimento gandeiro (soia e millo libre de OXM é unicamente un paso)
c. A importancia das sementes de variedades campesiñas locais en mans das poboacións locais de produción de alimentos para a agricultura libre de OXM
d. A importancia do consumo responsable: mercados locais, hábitos de consumo, alimentos libres de XM
e. O papel das declaracións de zonas libres de OXM
f. O papel da OMC e, para a UE, a reforma da PAC para a agricultura libre de OXM
g. Lexislación vixente que obstaculiza ou que favorece a agricultura e alimentación libre de OXM
2. O papel especial das mulleres en garantir tanto a agricultura como a alimentación libre de OXM
3. Novos reptos que ameazan o movemento libre de OXM: mutaxénese, nanotecnoloxía, bioloxía sintética, terminator, patentes, cambio climático, agrocombustibles...
Sublíñase que, en todos os casos, o obxectivo principal é chegar a identificar e artellar estratexias de loita.
Esta iniciativa está aberta a todas as organizacións de produtores/as de alimentos a nível mundial (poboación campesiña, comunidades indíxenas, comunidades de pesca, grupos de hortas urbanas....) e a todos os movementos da sociedade civil da Península Ibérica, en ambos os casos, aquelas organizacións que están de acordo cos principios básicos detallados arriba. Estes principios formarán o punto de partida para os debates sobre estratexias comúns que se realizan durante este foro.
O foro porá a súa maior énfase en grupos de traballo, con moi curtas sesións plenarias de introdución e de posta en común das consideracións de cada grupo de traballo.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA