Adega
INICIO Áreas temáticas Transporte
Transporte e Mobilidade
cochesdevoran.jpg
O conflicto entre o transporte masivo de persoas e mercadorías que caracteriza á sociedade contemporánea e o medio ambiente está acadando uns niveis imposíbeis de soportar. Os enormes custos ambientais, sociais e económicos (cambio climático, contaminación, impacto paixasístico, segregación espacial, esgotamento de recursos, perda de biodiversidade, alta accidentalidade, elevados investimentos en construcción e mantemento de infraestructuras,... ) que este modelo conleva obrigan a unha reconversión ecolóxica do transporte.

As políticas de transportes en Galiza e no resto do Estado baséanse na priorización do automóbil, do AVE (entendendo como tal a alta velocidade estricta, superior a 250 Km/h) e do avión, os tres medios de transporte ambientalmente máis impactantes. O automóbil é o medio de transporte menos eficiente, necesitando por termo medio 6 litros de combustible para transportar unha persoa 100 quilómetros, seguido polo avión (algo menos de seis litros) e o AVE (cinco litros). Estes medios realizan o 75% do transporte de viaxeiros consumindo máis do 92% da enerxía. Son responsables de máis do 50% das emisións de axentes contaminantes. En Europa, a metade das viaxes motorizadas implican desprazamentos inferiores a 3 km. Nestas condicións, o consumo de enerxía e as emisións de CO2 increméntanse nun 60%

As solucións pasan entre outras pola diminución das necesidades de transporte e polo emprego dos modos de transporte menos contaminantes, priorizando xerarquicamente camiñar, bicicleta e transporte público colectivo.



Custos externos do transporte: Estudo de actualización PDF Imprimir Correo-e
Envia Custos externos do transporte: Estudo de actualización a FaceBookEnvia Custos externos do transporte: Estudo de actualización a Twitter

O presente estudio é unha actualización en profundidade dun estudio anterior da UIC sobre efectos externos do transporte (INFRAS/IWW 2000). O seu obxecto é mellorar as bases empíricas dos custos externos do transporte, apoiándose no estado actual das metodoloxías de estimación de custos, reflictindo tamén estudos recentes sobre os custos externos do transporte a nivel europeo (especialmente UNITE).

Podes descargar o documento en External_costs_INFRAS-IWW.pdf External_costs_INFRAS-IWW.pdf (71.35 KB)


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
En defensa do tren, contra o AVE PDF Imprimir Correo-e
Envia En defensa do tren, contra o AVE a FaceBookEnvia En defensa do tren, contra o AVE a Twitter

O transporte é o “núcleo duro” da crise ambiental. O modelo territorial, o mercado único e o desenvolvemento do turismo están provocando un crecemento moi forte do sector do transporte en toda Europa. Os modos de transporte que máis crecen son o transporte por estrada e o avión, que provocan elevados custos ecolóxicos (cambio climático, contaminación, deterioración e fragmentación de hábitats naturais,...), sociais (accidentes,...) e económicos (investimentos en infraestruturas, gastos sanitarios,...), custos claramente infravalorados pola maioría da sociedade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Plan Galicia: marea de cemento e chapapote PDF Imprimir Correo-e
Envia Plan Galicia: marea de cemento e chapapote a FaceBookEnvia Plan Galicia: marea de cemento e chapapote a Twitter

Nunha reunión que tivo lugar no Pazo de María Pita coruñés o 26 de xaneiro do 2003, o Consello de Ministros aprobou o denominado Plan Galicia para o “impulso e expansión de Galicia”. Un “Plan” impreciso (máis parece un programa electoral), feito ás presas sen diálogo e sen participación social, que procura ante todo un impacto mediático e propagandístico para conter o desgaste político dos gobernos Aznar e Fraga pola súa nefasta xestión no caso Prestige. Un Plan que representa unha nova marea destructora do noso ambiente, neste de cemento, formigón e asfalto. O mellor do Plan Galicia é a súa escasa credibilidade. O movemento ecoloxista non reclama a súa aplicación senón un novo Plan que promova un desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Manifesto de Valencia: Por un ferrocarril sustentábel, público e social PDF Imprimir Correo-e
Envia Manifesto de Valencia: Por un ferrocarril sustentábel, público e social a FaceBookEnvia Manifesto de Valencia: Por un ferrocarril sustentábel, público e social a Twitter

En maio de 2001, diferentes movementos e organizacións sociais coordenados en plataformas en defensa do ferrocarril e de oposición ao AVE aprobaron en Guadalajara un manifesto chamado "Tren si, AVE non" que serviu de referente reivindicativo aos devanditos grupos.

Este documento analisaba as consecuencias da política ferroviaria do goberno, manifestaba a súa total oposición ao AVE e formulaba unha serie de propostas alternativas a este modelo. Transcorridos 2 anos desde aquela xuntanza, distintas organizacións ecoloxistas, sindicais, sociais e plataformas en defensa do ferrocarril volvémonos reunir en Valencia para analisar a situación actual e futura do ferrocarril.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Cartas dos dereitos do Peón: Resumo da Resolución do Parlamento Europeo PDF Imprimir Correo-e
Envia Cartas dos dereitos do Peón: Resumo da Resolución do Parlamento Europeo a FaceBookEnvia Cartas dos dereitos do Peón: Resumo da Resolución do Parlamento Europeo a Twitter
En outubro de 1998 o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que establecía unha Carta de Dereitos do Peón.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 3


ADEGA