Adega
INICIO Áreas temáticas Ríos A Contaminación Fluvial
A Contaminación Fluvial PDF Imprimir Correo-e
Envia A Contaminación Fluvial a FaceBookEnvia A Contaminación Fluvial a Twitter
As características naturais das águas superficiais varian dunha zona a outra e tamén de estación en estación, e en función das condicións climatolóxicas. Estas característicias naturais e o seu rexime de variación é un dos factores que determina o tipo de vida, a sua intensidade e diversidade nun determinado sistema fluvial. Da cabeceira á desenvocadura poden-se diferenciar diversas zonas segundo as características das águas: desde frias, oxixenadas e livres de matéria orgánica, e de elevada velocidade na cabeceira (crenon) até águas ricas en matéria orgánica e con menor contido en oxíxeno (> 4 mg/l) nas zonas mansas onde predomina a sedimentación (potamon), pasando polas zonas intermedias (> 6 mg/l de oxíxeno disolto, rhitron). As espécies que viven en cada tipo de água son mui diferentes.

A calidade dunha água pode-se determinar mediante diferentes parámetros tanto de tipo físico, como químico e biolóxico. Os parámetros biolóxicos integran a história recente ou a medio prazo da situación sanitária do rio, mentres que os parámetros químicos supoñen medidas instantáneas. Os parámetros químico-físicos poden presentar un extenso rango de variación, antes de situaren-se en valores que limiten a capacidade da água para soportar un tipo de vida ou ser últil para unha determinada aplicación.

Como unha primeira aproximación ás características físico-químicas indicadoras da calidade dun rio podemos recurrir á seguinte clasificación (Hernández, 1990):

Clasificación

do rio

DBO5 a 20 ºC

mg/l

Amoniaco

mg N/l

NITRITOS

mg N/l

SS

mg/l

CLORUROS

Mg Cl-/l

OXÍXENO DISOLTO

mg/l

Mui limpo

Limpo

Bastante limpo

Duvidoso

Malas condicións

1

2

3

5

³10

0,04

0,24

0,67

2,5

6,7

0,1

0,25

0,35

0,6

1,0

4

10

15

21

35

10

25

30

50

>50

£11

£9,3

£8,6

£6,6

Baixa

A principal razón de contaminación das águas fluviais é o vertido de águas residuais de diferente procedéncia: urbana, industrial.... Outras fontes poden ser o vertido de resíduos sólidos ou a deposición desde atmósferas contaminadas. Neste traballo analisaremos con maior detalle a incidéncia dos vertidos residuais sobre os rios.

A resposta dun rio ante un vertido residual traduce-se nunha modificación das características das águas e nunha ruptura do ecosistema natural, desaparecendo as espécies próprias dos rios limpos e aparecendo outras novas. O impacto pode conducir á substitución das espécies piscícolas sensíveis por outras máis resistentes, ou a desaparición total dos peixes e a conversión do cauce nunha masa de águas putrefactas ou tóxicas. O rio ten certa capacidade de autodepuración, o que permite que despois dunha distáncia máis ou menos grande do ponto de vertido observemos unha recuperación total ou parcial.

Un estudo da Dirección General de Calidad de las Aguas do ano 1994 ofrecia os seguintes resultados sobre a situación de depuración das águas da Comunidade de Galicia: só o 25% da poboación dispuña de tratamento primário e secundário, mentres que o restante 75% non contava con tratamento de ningún tipo. Esta porcentaxe baixava ao 63% nos concellos de máis de 10.000 habitantes (62% da poboación) e subia ao 95% nos concellos de menos de 10.000 hab. (o outro 38% da poboación). Desde entón ten habido melloras, pero a depuracón das águas continua introducindo-se a un ritmo mui lento, até o ponto de incumprimer-se os prazos dados pola UE. A existéncia de tratamentos terciários éra e segue sendo nula.

A comezos dos noventa, un estudo encargado pola Xunta puña de manifesto o dramatismo da situación: "as condicións marcadas na lexislación actual sobre vertidos de águas residuais están mui lonxe de se cumpriren, devido as deficientes infraestructuras de depuración e a nula eficácia dos sistemas de control... O incumprimento da normativa medioambiental comunitária é casi sistemático en todo o Estado Español, pero a situación é ainda mais precária na Galiza".

Con todo, algúns investigadores (Antelo e Arce, 1996) atoparon unha lixeira melloria na calidade das águas fluviais entre 1989 e 1993. Unha mellora notável tamén se rexistrou na ria de Vigo nos dous últimos anos, tras a posta en funcionamento da depuradora (F. López, Xornadas de estudo e debate sobre o meio litoral, ADEGA, O Grove, marzo 2000).

Porén, a ria de Pontevedra segue sen contar cunha depuración adecuada, tratando-se do único leito calificado como zona sensível dacordo coa normativa europea; e toda a bisbarra coruñesa verte directamente á costa os efluentes residuais, sen tratamento algún. Estes dous exemplos indican o incumprimento actual da directiva 91/271/CEE, que pode ser máis xeralizado nos próximos anos, ao sobrepasar os horizontes fixados na mesma.

Na parte final deste traballo, no estudo da situación dos rios galegos, teremos ocasión de analisar unha ducia de tramos fortemente contaminados en cada unha das concas. Tráta-se de tramos de considerável extensión nos rios importantes. Porén o deterioro das águas dos pequenos rios e regatos é muito máis frecuente, ainda que non detectável nos estudos dunha rede xeral de control. Pequenas instalacións industriais pero numerosas, xuntamente cos vertidos das vilas e núcleos rurais son responsábeis deste deterioro.

Non fica espazo para abordar o debate sobre as opcións de tratamento, que deverian comezar pola prevención, abordando tanto a redución do consumo de água fresca como a emisión de contaminantes e o reciclado das águas nas instalacións. A prevención e a educación ambiental tamén deven xogar un papel importante na xestión da água nos concellos. O tipo de depuración elexido deveria ser sustentável tanto ambiental como economicamente, o que xeralmente non é asi.

Descarga o artigo completo en contam_fluvial.pdf(242.76 KB)
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA