Adega
INICIO Áreas temáticas Ríos Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza
Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza PDF Imprimir Correo-e
Envia Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza a FaceBookEnvia Voto particular ao dictamen do COGAMA sobre o Plano Hidrolóxico Galiza a Twitter

Voto formulado por ADEGA, FEG, e SGHN

O Plano Hidrolóxico de Galiza-Costa (PHGC) considera a auga fundamentalmente como un recurso e apenas como un activo ecosocial. É debedor dunha concepción estructuralista da política de augas, entendendo ésta principalmente como unha política de obras públicas, o que resulta máis propio de comezos do século pasado que do actual. A ausencia dun enfoque sustentable maniféstase no predominio claro da estratexia da oferta (aumento da oferta de auga mediante a construcción de novas infraestructuras) sobre o control da demanda.

Aínda que nestes momentos non é un requisito legal necesario para a súa aprobación, entendemos que sería desexable someter o PHGC a un procedemento de avaliación ambiental estratéxica, coa finalidade de prevenir e reducir máis eficazmente os posibles impactos ambientais negativos derivados da súa aplicación.

Parécenos inadecuado que, a diferencia do que acontece a nivel estatal e noutras comunidades autónomas, as competencias en materia de xestión da auga sexan exercidas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (CPTOPV) e non pola de Medio Ambiente, o que resulta un sensentido consecuencia de antepor determinados intereses políticos particulares a criterios de racionalidade. En calquera caso, mesmo sendo competencia da CPTOPV a aprobación do PHGC, non parece razoable a absoluta falta de participación da Consellería de Medio Ambiente na elaboración do PHGC. A nula participación da Consellería de Medio Ambiente evidénciase, por exemplo, na non consideración da Estratexia Galega de Educación Ambiental e das actuacións para a recuperación do salmón atlántico (incompatible co aproveitamento hidroeléctrico integral das bacías, polo que se preocupa o PHGC), no deficiente listado de espacios naturais protexidos ou na ausencia de referencia aos estudios sobre réximes de caudais mínimos ecolóxicos efectuados pola Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural en ríos de Galiza-Costa.

Descarga o texto completo en dictcogama.pdf dictcogama.pdf (172.83 KB)


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA