Adega
INICIO Áreas temáticas Residuos / Contaminación Efectos sobre a saúde de dioxinas, Furanos e PCBs
Efectos sobre a saúde de dioxinas, Furanos e PCBs PDF Imprimir Correo-e
Envia Efectos sobre a saúde de dioxinas, Furanos e PCBs a FaceBookEnvia Efectos sobre a saúde de dioxinas, Furanos e PCBs a Twitter
Os efectos tóxicos sobre a saúde producidos por dioxinas e substancias químicas relacionadas, son un elemento de preocupación tanto na comunidade científica como nas autoridades sanitarias. Desde as diferentes fontes de contaminación, estes productos químicos acumúlanse nos alimentos, sobre todo nos de orixe animal, chegando ós humanos a través da alimentación.

omx.jpgA contaminación producida en Bélxica en polos e ovos que foron introducidos na alimentación de 10 millóns de europeos, creou alarma na opinión pública e serviu para que as autoridades sanitarias plantexaran a toma de medidas para evitar que crises similares se produciran no futuro.

O proxecto de creación da AXENCIA EUROPEA DE SEGURIDADE ALIMENTARIA , cuia futura ubicación se debateu en Bruxelas hai poucos días, é considerado prioritario para salvagardar a saúde dos consumidores. É previsible que nun futuro inmediato as análises de contidos de dioxinas dos alimentos sexa unha práctica habitual na Unión Europea.(1)

A situación actual, según o Comisario Europeo de Saúde e Protección do consumidor, David Byrne, é que entre os ciudadáns europeos o consumo de dioxinas oscila entre os 1,2 e os 3 picogramos por quilo de peso e día. O Comité Científico Director recomendou non superar unha inxesta máxima de 2 picogramos de dioxinas ó día por quilo de peso. Esto significa que unha considerable proporción da povoación europea aínda excede o que se considera recomendable desde o punto de vista toxicológico, según afirmou Byrne.(2)

Tendo en conta a situación actual, a actuación máis lóxica é controlar as dioxinas disminuindo as fontes de emisión.

O proxecto de incineración de neumáticos na Cementeira COSMOS S.A. en Oural (Sarria) vai supoñer unha fonte importante de emisións de dioxinas, furanos e PCBs, xerando unha contaminación nos alimentos producidos nunha comarca eminentemente gandeira.

Cando a tendencia actual en toda Europa é disminuir as fontes de emisión e controlar as existentes, aquí en Galicia fanse proxectos como o que nos ocupa que incrementan considerablemente a contaminación presente nos países industrializados.

A saúde dos consumidores é un tema que está por riba de calquera interpretación política.

Por este motívo acudimos a todos os grupos con representación no Parlamento de Galicia para que consideren seriamente o problema plantexado por este proxecto de incineración.

Nese sentido a Conselleria de Sanidade de Cataluña en colaboración co Laboratorio de Toxicología e Saúde Medioambiental da Facultad de Medicina da Universidad Rovira  Virgili (URV), de Reus (Tarragona) escomenzou o pasado mes de Xaneiro un estudio de dous anos de duración sobre a presencia de diferentes contaminantes na dieta catalana incluíndo as dioxinas.

 

Orixe e química de Dioxinas Furanos e PCBs

O nome de dioxinas aplícase a un grupo de compostos orgánicos clorados co nome xenérico de clorodibenzo-p-dioxinas (CDD) dentro deste grupo a máis tóxica e a TCDD (2,3,7,8-tetraclorodibenzo-p-dioxina).

Os clorodibenzofuranos (CDF) y policlorobifenilos (PCB) son substancias químicas relacionadas algunhas delas teñen os mesmos efectos tóxicos que as dioxinas aínda que de menor intensidade.

A toxicidade destas substancias mídense conxuntamente aplicando o TEQ (do inglés TCDD Toxic Equivalents Concentration) .Con este parámetro exprésase a toxidade comparándoa coa dioxina máis tóxica a TCDD.

As dioxinas non se fabrican a propósito, prodúcense de xeito non intencionado en procesos industriais que utilizan ou fabrican; cloro , productos clorados, procesos de combustión nos que interveñen materia orgánica e cloro ou productos clorados.

As principais fontes coñecidas de produción dioxinas son:

1. Producción de cloro

2. Fabricación de compostos e productos clorados:

Plástico PVC
Plaguicidas (por exemplo; 2,4,-D, lindano, atracina)
Disolventes (por exemplo: percloroetileno)

3. Branqueo con cloro da pasta de papel

4. Combustión de residuos:

Incineración de residuos sólidos urbanos (RSU), industriais e hospitalarios, combustión en vertedeiros e incineración de residuos en cementeiras.

5. Emprego de organoclorados

6. Outras: Incendios de oficinas, domicilios particulares, etc. donde se teña utilizado PVC (tuberías, ventanas, solos, mobiliario, etc.).
Reciclaxe e fundición de aluminio, aceiro e automóbiles.

Gracias a súa estabilidade química permanecen no medio -en particular no solo e sedimentos- durante décadas e mesmo séculos, e dicir, son persistentes, é debido ó seu carácter liposoluble (solubles en graxas ou aceites), teñen tendencia a acumularse nos tecidos graxos dos seres vivos, incluído o ser humano

Efectos sobre a saúde

A toxicidade destes productos químicos está recoñecida pola OMS (Organización Mundial da Saúde). Nun informe do Director do Centro Internacional de Investigacions sobre o Cancro (Organismo con sé en Lyon e dependente da OMS) publicado o 16 de Xaneiro de 1998 incluíronse as dioxinas como carcinóxenos ambientais.(3)

As dioxinas están incluídas na lista de disruptores endocrinos.

Ate hai relativamente pouco tempo non había estudios científicos que demostrasen a toxicidade das dioxinas. Nos últimos anos publicáronse moitos estudios que demostran esta toxicidade:

- En estudios realizados en Seveso (Italia) 20 anos despoís do accidente producido o ano 1976 no que unha ampla zona foi fortemente contaminada con dioxinas, observouse un incremento estadísticamente significativo dos casos de cancro na poboación, ademáis dun incremento dos casos de diabete sobre todo en mulleres asi coma un aumento de enfermidades cardiovasculares.(4)

- Na localidade de Besançon situada ó noroeste de París, obsérvase un aumento da incidencia de Sarcoma de texidos blandos e Linfoma Non Hodgkin´s na povoación con residencia nas proximidades dunha incineradora municipal de residuos sólidos urbanos.(5)

Isto suxire que a proximidade a unha incineradora é un factor de risco para padecer cancro,

O cal debería ser confirmado por estudios posteriores.

- Realizouse un amplo estudio retrospectivo abarcando un periodo de tempo desde 1939 a 1992 sobre 21.863 traballadores ,de 12 países ,expostos a fenoxi-herbicidas contaminados con TCDD, clorofenoles, e dioxinas .

Este traballo foi coordinado polo Centro Internacional para a Investigación sobre o Cancro.

Os resultardos demostraron un incremento de padecer cancro entre os traballadores expostos.(6)

- Detectaron disminución da hormona masculina Testosterona e elevacións de FSH e LH en 248 traballadores da industria química expostos a dioxinas en New Jersey e Missouri(7)

- Nun estudio publicado polo Ministerio de Saúde Xaponés realizado entre 415 mulleres que pariron en 1998, os investigadores descubriron que o leite materno contén un promedio de 22,2 picogramos de dioxima por gramo de graxa un mes despois do nacimento. Un bebé pode consumir así 103,6 picogramos por día .(8)

Altas cantidades de dioxinas detectaron tamén en análises realizados en Europa, o cal era de supoñer porque é sabido que as dioxinas se concentran no leite materno.

- Entre 1971 e 1982 en Missouri (EE.UU.) foi esparcido un producto para control do lixo en estradas e zonas frecuentadas por cabalos. Este producto contiña altas concentracións de dioxinas. Estudiaron os embarazos e os partos en mulleres residentes na zona.Observouse un lixeiro incremento do risco de morte fetal e perinatal, baixo peso ó nacer e diferentes categorías de defectos fetais.Estes resultados non foron estadísticamente significativos aínda que estudios realizados con animais de experimentación si demostraron que existe correlación entre exposicións a dioxinas e alteracións fetais e perinatais.(9)


Conclusión

Todos estes estudios demostran unha abrumadora evidencia de que as dioxinas producen cancro,alteracións hormonais e outros problemas de saúde.Acumúlanse no leite materno e a posibilidade de efectos sobre os fetos aconsella a realización de estudios posteriores.

Por todo iso é inadmisible que se pretenda expoñer a povoación veciña da Cementeira Cosmos de Oural a estas emisións.

Como estes contaminantes se acumulan nos alimentos, poñéndose en risco a todos os potenciais consumidores dos alimentos producidos na comarca, que poden residir en áreas moi alonxadas da zona.


Bibliografía

(2)Diario Médico 11 Xullo 2001.Fonte Europa Press

(3) World Health Organization.Organitation mondiale de la Santé

Consello Executivo Punto 11 da orde do día provisional

101 reunión .EB101/39 16 de Xaneiro de 1998

(4) American Journal of Epidemiology Vol. 153, No. 11 : 1031-1044

Health Effects of Dioxin Exposure: A 20-Year Mortality Study .

Pier Alberto Bertazzi1,2, Dario Consonni2, Silvia Bachetti1, Maurizia Rubagotti2, Andrea Baccarelli1, Carlo Zocchetti2,3 and Angela C. Pesatori1,2

1 EPOCA, Research Center for Occupational, Clinical and Environmental Epidemiology, Department of Occupational and Environmental Health, University of Milan, Milan, Italy.
2 Unit of Epidemiology, Department of Occupational Health and Safety, Istituti Clinici di Perfezionamento, Milan, Italy.
3 Regional Epidemiological Office, Health Directorate, Regione Lombardia, Milan, Italy.

(5) American Journal of Epidemiology Vol. 152, No. 1 : 13-19

Soft-Tissue Sarcoma and Non-Hodgkin's Lymphoma Clusters around a Municipal Solid Waste Incinerator with High Dioxin Emission Levels

Jean-François Viel1, Patrick Arveux2, Josette Baverel1 and Jean-Yves Cahn3

1 Department of Public Health, Biostatistics and Epidemiology Unit, Faculty of Medicine, Besançon, France.
2 Doubs Cancer Registry, University Hospital, Besançon, France.
3 Department of Hematology, University Hospital, Besançon, France.

(6) American Journal of Epidemiology, Vol 145, Issue 12 1061-1075

Cancer mortality in workers exposed to phenoxy herbicides, chlorophenols, and dioxins. An expanded and updated international cohort study

M Kogevinas, H Becher, T Benn, PA Bertazzi, P Boffetta, HB Bueno-de-Mesquita, D Coggon, D Colin, D Flesch-Janys, M Fingerhut, L Green, T Kauppinen, M Littorin, E Lynge, JD Mathews, M Neuberger, N Pearce and R Saracci
Unit of Environmental Cancer Epidemiology, International Agency for Research on Cancer, Lyon, France.

(7) American Journal of Epidemiology, Vol 139, Issue 3 272-281

Total serum testosterone and gonadotropins in workers exposed to dioxin

GM Egeland, MH Sweeney, MA Fingerhut, KK Wille, TM Schnorr and WE Halperin
National Institute for Occupational Safety and Health, Cincinnati, OH 45226.

(8)Diario Médico 8/7/99

(9) American Journal of Epidemiology, Vol 128, Issue 2 410-419

Reproductive outcomes of mothers with potential exposure to 2,3,7,8- tetrachlorodibenzo-p-dioxin

JW Stockbauer, RE Hoffman, WF Schramm and LD Edmonds
State Center for Health Statistics, Missouri Department of Health, Jefferson City, MO 65102.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA