Adega
INICIO Áreas temáticas Litoral
Litoral
Galiza posúe un extenso e variado litoral que constitúe unha das principais xoias do noso patrimonio natural. Temos 1.700 quilómetros de costa no que aínda podemos achar espazos naturais nun estado de conservación aceptábel e unha interesante fauna e flora.

Nas últimas décadas o noso litoral está a ser seriamente degradado por accións humanas irresponsábeis: urbanización incontrolada, recheos abusivos, paseos marítimos agresivos, presión turística excesiva nalgunhas zonas, vertidos de residuos, contaminación por augas residuais urbanas e industriais, etc. En novembro da ano 2002 o petroleiro Prestige estragou, unha vez máis, as nosas costas, no que se ten convertido no maior desastre medioambiental do noso país.

ADEGA vén realizando nos últimos anos unha importante laboura na defensa ecolóxica do noso litoral, presentando alegacións a distintos proxectos que ameazan o litoral, organizando e participando en charlas e mesas redondas, participando activamente no Foro por un Futuro Natural e Productivo das Rías Galegas (formado por organizacións ecoloxistas e plataformas en defensa de rías), etc

Na actualidade ADEGAsegue a traballar no seguimento e avaliación das consecuencias do desastre do Prestige, non só no referido á contaminación directa, senón tamén ás consecuencias que o Plano Galicia e outras actuacións promovidas polas distintas administracións que están a ameazar cunha nova catástrofe en forma de marea gris de cemento coa proliferación de paseos marítimos, portos deportivos, pistas asfaltadas e urbanización incontrolada que atacan a integridade ambiental da nosa costa.
satelite.jpg
A maior parte da contaminación petrolífera das nosas augas non é causada polas mareas negras, senón por vertidos habituais desde barcos e desde terra. Sen embargo, o noso país áchase fortemente amezado polos frecuentes accidentes de buques cargados con petróleo, con produtos químicos ou con residuos perigosos.

Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Accesos
1 Bandeiras azuis: un lavado de cara para concellos con mala conciencia ecolóxica 6507
2 Problemas e riscos de contaminación nas Rías Galegas 16506
3 Novos recheos na Ría de Vigo. É esta a cidade que desexamos? 5243
4 Manifesto pola ampliación do Parque nacional das Illas Atlánticas 5629
5 A Xestión Integrada do Litoral 4868
6 O Parque Nacional das Illas Atlánticas: Interese biolóxico 6700
7 Pola Defensa das Rías: Analise da situación e propostas de actuación 4333
8 A Lei de Protección da Calidade da Auga das Rías 7013
9 Carta de Cedeira 5111
 


ADEGA