Adega
INICIO Áreas temáticas Globalización
Globalización
O Fondo monetario Internacional define globalización como:

- A interdependencia económica crecente do conxunto dos países do mundo, provocada polo aumento do volume e variedade das transaccións transfronteirizas de bens e servicios, así como dos fluxos internacionais de capitais, ao tempo que a difusión acelerada e xeneralizada da tecnoloxía.-

Alaine Touraine, sociólogo francés, fala dela como un proceso nefasto mediante o cal os pobos teñen cedido (sen acordalo) o poder sobre as súas economías e as súas sociedades a forzas globais e antidemocráticas tales como mercados, axencias de cualificación de débeda, etc.

Miren Etxezarreta, catedrática de Economía Aplicada da Autónoma de Barcelona, opina que non e máis que o nome que se da a actual etapa do capitalismo. Nada mais que isto. Nin nada menos. Non cambia nada esencial nas sociedades capitalista que levan existindo dende hai mais de dous séculos. Sempre foron, e a globalización segue a ser, sociedades baseadas na explotación dunhas persoas por outras. Só as formas teñen cambiado, vanse adaptando ás necesidades e oportunidades de cada época.

A globalización é un proceso complexo que abrangue múltiples facetas, introducíndose en todos os ámbitos da sociedade. Estructura as relacións internacionais e a orde económica baixo os fundamentos teóricos do neoliberalismo, entendido como unha visión liñal do progreso, no que o crecemento económico é a resposta ás necesidades humanas e a maneira de acadalo é apoiándose na acción individualista e egoísta das persoas, nun marco de libre mercado no que as relacións económicas son de carácter privado e alleas a toda intervención estatal. O papel do estado é a implementación de medidas que protexan a propiedade privada e o proceso de acumulación capitalista.

Esta ideoloxía, combinada coas tecnoloxías da información e a comunicación e aplicada por compañías transnacionais cunha absoluta falla de control social ou dos Estados, plásmase na actual nova orde mundial, na que colonización económica e o sometemento de gobernos elixidos democraticamente aos dictados das compañías está a provocar enormes danos políticos, sociais, medioambientais e culturais.

O mundo convértese nun enorme mercado, no que o valor financieino das accións das compañías está por riba de calquera outra consideración, introducindo o noso planeta nunha espiral productivista e de consumo exacerbado no que o deterioro ambiental, a desestructuración social e a perda de identidade cultural son as súas consecuencias mais visibles.

O movemento ecoloxista ten que ser quen de propoñer alternativas a este proceso, elaborando, dende unha óptica ecoloxista e galega, propostas teóricas e de actuación para facer fronte ao poder das transnacionais, ao pensamento único e a nova orde mundial, fomentando a soliedariedade entre pobos e traballando todos xuntos para termos un mundo mellor.

globalizacion.jpg
A globalización resúmese nun proceso económico, financieiro e comercial que fortalece aínda máis os fundamentos da economía capitalista depredadora e expande as súas gadoupas para abranguer todos aqueles ámbitos sociais aínda non completamente mercantilizados (medio ambiente, auga, sanidade,....).
Filtrar por título     Amosar # 
# Título do Artigo Accesos
1 ADEGA e a Globalización 6984
2 O noso mundo non está en venda! 11478
3 Cara a unha Constitución Verde da UE 5470
 


ADEGA