O noso día a día xira, a meirande parte das veces, arredor do uso enerxético. O gas butano, propano ou natural nas cociñas, o gasóleo das calefaccións, o transporte, a electricidade ..... Ningún gasto de enerxía é inocuo, todas teñen un gran impacto ambiental e mesmo social: os procesos de extracción e refino de petróleo, os encoros, os gaseoductos inciden sobre o medio e as persoas polo que debemos facer un consumo o máis reducido posibel da mesmo. Isto non significa "volver as cavernas" como adoitan dicir algunhas mentes pensantes senon unha racionalización do gasto.
A electricidade é a fonte principal de enerxía do fogar. O impacto que sobre o ambiente ten a súa producción e distribución é moi importante. As centrais térmicas como as de As Pontes (ENDESA), Meirama e Sabón contribúen ao cambio climático pola alta emisión de CO2 e de gases causantes de acidificación. Os grandes encoros hidroeléctricos e minicentrais asolagan ecosistemas de grande interese e alteraran radicalmente a dinámica dos ríos. A construcción desmesurada e irracional de parques eólicos está provocando a perda de naturalidade de numerosos espazos naturais de interese, no interior e na costa.
Compre enfrontar un decido plano de diminución do gasto eléctrico, promovendo a eficacia enerxética e eliminando o consumo superfluo.

O gasto enerxético en calefacción supón o 30 % do consumo xeral dunha vivenda. Máis do 70 % do consumo de petroleo adícase a transportes e calefaccións Unha lámpada normal emite ao longo da súa vida útil media tonelada máis de CO2 que unha de baixo consumo. Nunha casa normal supón arredor de 10 Tn de CO2.

Usa a luz natural sempre que sexa posíbel. Apaga as luces cando non as precises. Se son fluorescentes é mellor deixalas acesas no lugar de apagalas e encendelas continuamente.
Substitúe as lámpadas normais por modelos de baixo consumo. Son máis caras pero consumen a cuarta parte e duran moito máis. Ademáis, por cada lámpada de baixo consumo se reduce a emisión de CO2 en media tonelada ao longo da súa vida útil. Selecciona a potencia das lámpadas en función do seu uso: non necesitas 100 w de potencia para unha luz de cabeceiro.
Non collas o ascensor e sube polas escaleiras. Aforrarás enerxía e gañaras en saúde.
Illa ben a túa casa. Pon burletes nas portas e illante nas fiestras. O emprego de cortinas e alfombras tamén axudan. Podes aforrar ate un 25% de enerxía.
Consulta as seccións de electrodomésticos e transporte para ver outras ideas
|
|
11 de maio de 2007. O alcalde de Chandrexa de Queixa, D. Francisco Rodríguez preside a empresa Hidroeléctrica del Rio Grande S.L. que ten por obxecto a construcción dunha minicentral dentro da Rede Natura e máis do futuro Parque Natural do Macizo Central. A primeira reflexión refírese á evidente incompatibilidade entre as políticas conservacionistas da actual Xunta e o proceder dalgúns concellos, orientados ao negocio da producción enerxética. Mais este caso é só a punta dun iceberg, a coñecida como "trama das renovábeis" actualmente investigada pola Fiscalía, onde aparecen alcaldes-promotores, empresas pantalla, concesións irregulares, "pelotazos" especulativos...
|
Ler máis...
|
|
6 de agosto de 2006. Neste novo informe ADEGA analiza a situación creada polo aumento da utilización de biocombustíbeis para misturar coa gasolina e co gasoil. Esta demanda afecta a numerosos cultivos utilizados para esta fin e está impulsando á alza o prezo dos produtos agrícolas, nomeadamante o millo e o azucre. A suba de prezos estase xa a contaxiar a outros cultivos e finalmente trasladarase ao custo dos principais alimentos.
|
Ler máis...
|
6 de setembro de 2006. O Parlamento Galego ven de aprobar, coa unanimidade dos tres grupos, unha proposición non de Lei do BNG que declara Galiza como TERRITORIO DESNUCLEARIZADO. Isto implica que no noso país non se poderán construir centrais nucleares, nin cemiterios de refugallos –eufemísticamente chamados Almacéns Temporais Centralizados-, así como impedir o paso polo noso mar e aire de naves con refugallos ou armamento nuclear. Ínstase tamén ao goberno central a abandonar o uso da enerxía nuclear e a apostar por fontes alternativas.
|
Ler máis...
|
3 de agosto de 2006. Estes días, o ministerio de Industria está promovendo unha campaña publicitaria para captar concellos que alberguen o Almacén Temporal Centralizado (ATC) para os refugallos das nucleares. Aliás, vén de sancionar con 1,6 millóns de € á central de Vandellós II por tres infracións graves no “incidente” do 25/8/2004. Estes novos episodios do “culebrón” nuclear poñen en evidencia as graves eivas desta tecnoloxía e a falta de control da propia administración sobre a todopoderosa industria nuclear. ADEGA insiste na necesidade de abandonar a enerxía nuclear e poñer data de caducidade ás centrais actuais. As empresas deben ser as responsábeis de xestionar os seus refugallos onde os producen e non socializar os riscos e custos do seu tratamento.
|
Ler máis...
|
 Con motivo da parada definitiva da central nuclear de Zorita o pasado 30 de abril, e fronte ás voces que coa excusa de cumprir con Quioto e frear o cambio climático queren resucitar o negocio da industria nuclear, ADEGA volta a insistir que A OPCIÓN NUCLEAR SEGUE A SER TOTALMENTE INACEITÁBEL, tanto dende o punto de vista ambiental, da saúde e da solidariedade, como dende o punto de vista económico e da seguridade. Non queremos nucleares a cambio de térmicas. A alternativa: renovábeis, aforro e eficiencia.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 3 |