Adega
INICIO Áreas temáticas Enerxía Informe de ADEGA: os biocombustíbeis van disparar o prezo dos alimentos
Informe de ADEGA: os biocombustíbeis van disparar o prezo dos alimentos PDF Imprimir Correo-e
Envia Informe de ADEGA: os biocombustíbeis van disparar o prezo dos alimentos a FaceBookEnvia Informe de ADEGA: os biocombustíbeis van disparar o prezo dos alimentos a Twitter
guarulhos_pequena.jpg6 de agosto de 2006. Neste novo informe ADEGA analiza a situación creada polo aumento da utilización de biocombustíbeis para misturar coa gasolina e co gasoil. Esta demanda afecta a numerosos cultivos utilizados para esta fin e está impulsando á alza o prezo dos produtos agrícolas, nomeadamante o millo e o azucre. A suba de prezos estase xa a contaxiar a outros cultivos e finalmente trasladarase ao custo dos principais alimentos.

As previsións para os próximos meses son de apertura de novas plantas de producción de biocombustíbeis cun aumento da demanda de productos agrícolas. O feito de que existan subsidios en moitos países para a producción de biocombustíbeis fainos máis competitivos que a producción de alimentos, polo que se esperan novos aumentos de prezo.
Nos países do terceiro mundo un aumento no prezos dos alimentos pode ocasionar un empeoramento significativo da situación nutricional. A situación pode ser tal que os coches dos países industrializados vanse mover coa comida que producen os países en vías de desenvolvemento. A demanda dos biocombustíbeis pode ser regulada reducindo os subsidios para facer máis competitiva a producción de alimentos.
Tes máis neste segundo informe de ADEGA sobre o tema:
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 


ADEGA