ADEGA

Inicio / Proxectos / Proxecto CERNA

Proxecto CERNA

O proxecto Cerna é o proxecto que promove a entidade sen ánimo de lucro ADEGA para a difusión e divulgación da información ambiental e cultural do país. Está conformado por medios de difusión en diferente soporte, dotando a este proxecto dun enfoque integral e diverso:

Revista Cerna: é a única revista galega sobre ecoloxía e medio ambiente, editada en dixital e
papel.

Radio Cerna: produción radiofónica pioneira dun espazo sobre ecoloxía e medio ambiente que se
emite desde a web de ADEGA e a través de emisoras locais e municipais colaboradoras na súa
difusión.

Cerna TV: canle online de contidos audiovisuais sobre medio ambiente e ecoloxía de Galiza.

Dosier de actualidade ambiental: integrado no sitio web de Radio Cerna, ofrece unha
recompilación semanal das novas publicadas nos diarios galegos sobre medio ambiente,
patrimonio cultural e ecoloxía.

• Cerna-Barómetro: análise das tendencias mediáticas con respecto á actualidade ambiental e
cultural de Galiza.

No seu conxunto, o Proxecto Cerna conforma maior repositorio histórico de información ambiental divulgativa e ecoloxista do país galego.

Máis información sobre o proxecto

Este proxecto ten os seus sitios web específicos:
https://adega.gal/revistacerna
https://adega.gal/radiocerna
https://adega.gal/cernatv


Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal