ADEGA Cadernos

Buscador

Formulario de busca

O camiño cara ás biorrefinarías

Alfredo Llecha Galiñares, José A. Rodríguez Añón, Xurxo Proupín Castiñeiras e María Villanueva López

Caderno nº 20 - Biocombustibles e biomasa forestal (I)

Páx. 9-15

Na actualidade, a temática dos biocombustibles ocupa un lugar de privilexio naaxenda de todos os medios de comunicación e é un auténtico cabalo de batalla entodos os foros, discusións e preocupacións de gobernantes, técnicos e empresarios.Ten, por tanto, moitas implicacións e diferentes miradas e lecturas segundo o sectorafectado. Nesta liña de pensamento, nos derradeiros quince anos, téntase amosaresta problemática desde a mirada da biotecnoloxía como solución mais axeitada econ diferentes actuacións, e que teñen como obxectivo principal satisfaceren asnecesidades e os retos futuros en relación á produción de compostos químicos estratéxicos.Este tipo de novos produtos trata de conxugar a diminución nos custos deprodución e, como non podería ser doutro xeito, co coidado do medio. Pódese definir unha biorrefinaría como “o medio de produción que integra procesosde conversión de biomasa e equipos para producir combustible, enerxía e produtosquímicos a partir súa”.

A biorrefinaría: O aproveitamento integral da biomasa e dos subprodutos

Alberto de Vega e Pablo Ligero

Caderno nº 20 - Biocombustibles e biomasa forestal (I)

Páx. 17-26

Neste artigo tratamos dunha forma moi esquemática a cuestión dosusos industriais da biomasa, fronte á amplitude dos procesos posibles de transformación,dos tipos e características das materias primas, e mesmo das implicaciónssociais e económicas que aquí non se mencionaron. Os autores quixeron só proporcionarunha idea introdutoria da abraiante variedade de recursos, desde un punto devista químico e de materiais, que nos proporciona a biomasa. Ese abano de produtos(azucres, fenois, terpenos, graxas, proteínas, esterois …) é moi superior ao docru petrolífero –que practicamente só presenta hidrocarburos- chegando a representarcase todos os grupos funcionais químicos, e xa están nesas formas na propiaplanta: a natureza fixo a primeira etapa sintética. En resumo, a biomasa vexetal proporcionatal variedade de compostos e tan quimicamente versátiles, que pode constituírun verdadeiro substituto para o petróleo como materia prima renovable. Pero a competencia da biomasa neste campo como fonte de enerxía aínda está lonxe deser unha alternativa válida a grande escala.

Incidencia dos biocombustibles nas comunidades rurais e o seu medio ambiente en países do sur

Miguel Ángel Domenech Rojo

Caderno nº 20 - Biocombustibles e biomasa forestal (I)

Páx. 27-35

Nun planeta que baseou o seu modelo de desenvolvemento na produción e oconsumo de enerxía, é fundamental ser conscientes de que estes dous procesos hande ser sustentables social, económica, ambiental e culturalmente. Non obstante, oprogreso dos países desenvolvidos, nos últimos 150 anos, baseouse nun elevadoconsumo de enerxía e en fontes enerxéticas que deron lugar a unha situación insostibledesde o punto de vista socioeconómico e ambiental, ligada fundamentalmenteá inseguridade enerxética, a emisión de gases de efecto invernadoiro e a non renovabilidadedos recursos enerxéticos empregados. A carencia e/ou o abuso no consumoenerxético provocou grandes diferenzas, e mesmo enfrontamentos sociais e adegradación e desaparición dalgunhas culturas.A pesar diso, é indubidable a relación existente entre o desenvolvemento humanoe a enerxía. Máis aínda, o acceso á enerxía favorece o acceso a servizos básicosimprescindibles para a vida humana como a auga, a alimentación, a educación ou asaúde e contribúe á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.Non obstante, as fontes enerxéticas utilizadas ata agora (petróleo, carbón, fundamentalmente)son altamente contaminantes e proveñen de elementos que existennunha cantidade limitada no planeta, polo que máis pronto ou máis tarde se esgotarán.Por iso, nos últimos anos houbo unha promoción das fontes de enerxía renovables,isto é, fontes que de se explotar racionalmente, poderían procurar enerxíadurante un tempo ilimitado. Como consecuencia, existe unha aposta internacionalpolo uso de fontes enerxéticas renovables no mix enerxético.

Cultivos enerxéticos e produción de alimentos na Galiza: Son compatíbeis?

Lidia Senra

Caderno nº 20 - Biocombustibles e biomasa forestal (I)

Páx. 37-43

Antes de entrar a responder esta pregunta cómpre analizar a fondo o por que, e opara que dos cultivos enerxéticos e tamén os impactos de tipo social e ambiental.Parece que agora, e de repente, os nosos gobernantes descubriron que os agrocombustíbeisvan ser a solución máxica a un montón de problemas: contaminación,crise climática, crise enerxética...Pero a realidade amosa que non é posíbel resolver ningún dos problemas a quenos enfrontamos se non hai un cuestionamento profundo dos modelos de desenvolvemento,de consumo, produción e mercado implantados polas políticas neoliberaisdesta fase do capitalismo. Políticas que, no caso da agricultura e da alimentaciónprovocaron graves danos sociais e ambientais en todo o planeta e contribúen fortementeao quentamento global e á crise enerxética.

Proxecto de biomasa na comunidade veciñal de montes de Xinzo (Ponteareas)

Carmen Boente Cima

Caderno nº 20 - Biocombustibles e biomasa forestal (I)

Páx. 45-53

A mediados do ano 2006, cunha Xunta de Galicia proclive ao desenvolvementodunha política forestal integrada no desenvolvemento rural, redáctase a “Proposta deaproveitamento da biomasa forestal primaria do monte veciñal en man común e deinstalación dunha planta de produción de calor no Centro Multiusos da Comunidadede montes de Xinzo. Ponteareas (Pontevedra)”. Esta proposta fíxose chegar áDirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e ao Instituto Enerxético deGalicia, ambos os organismos representaban entón a Galicia, xunto coa AsociaciónForestal de Galicia, como socios, no proxecto de cooperación transrexionalEnersilva “Promoción del uso de la biomasa forestal con fines energéticos en elsuroeste de Europa”. En xuño de 2007 asinouse o “Convenio de colaboración para ofomento do aproveitamento da biomasa forestal primaria en Galicia” entre aConsellería do Medio Rural, a Consellería de Innovación e Industria, a AsociaciónForestal de Galicia e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xinzo.

Aproveitamento da biomasa forestal mediante roza e os seus efectos ecolóxicos

M.ª Mercedes Casal, Ana Muñoz e Xosé Manoel Pesqueira

Caderno nº 21 - Biocombustibles e biomasa forestal (II)

Páx. 5-11

Até mediados do século XX, o monte foi unha parte fundamental na economíatradicional do centro e norte da península Ibérica grazas aos seus distintos aproveitamentos. É fundamental o papel do monte como produtor de madeira e leña, como soporte da gandaría, con achegas de pasto, e tamén como fonte doutros produtos diversos como a caza, o mel, froitos etc. Entre eles a biomasa forestal foi e é, sen dúbida, un recurso abundante do monte galego. Cando se decide explotar a biomasa dun ecosistema determinado, o impacto ambiental será diferente dependendo da xénese desa biomasa, por iso abordaremos neste artigo os efectos desta práctica e como se debe xestionar de xeito sustentable.

ADEGA Cadernos
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal