ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Fai a túa doazón á defensa...

Do 22-04-2021 ao 06-06-2021

Fai a túa doazón á defensa xurídica das montañas fronte a invasión eólica

ADEGA, xunto coa Plataforma na Defensa da Cordilleira Cantábrica, Bierzo Aire Limpio, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Mesa Eólica das Merindades de Burgos e Plataforma na defensa dos Vales Pasiegos, convídate a facer unha doazón para a defensa xurídica da Cordilleira Cantábrica fronte os megaproxectos eólicos que están en tramitación e que ameazas estas montañas de especial valor ambiental e cultural.

As estratexias concretas para acadar este obxectivo son 3:

DEFENSA XURÍDICA
Impulsar accións legais no ámbito xudicial europeo, estatal e autonómico contra as accións das administracións públicas e contra a normativa sectorial que vulnera a planificación e ordenación territorial previas ou que contraveñan o tratado internacional que regula os dereitos de participación cidadá na relación co medio ambiente. 

ASISTENCIA A COLECTIVOS
Axudar nas accións legais e de mobilización cidadá de diferentes colectivos, asociacións e comunidades locais que persigan os mesmos fins de defensa da biodiversidade e da paisaxe. 

BASE DE COÑECEMENTO EN LIÑA
Crear unha base de coñecemento de acceso público mediante ferramentas de difusión documental.

Fai a túa doazónhttps://www.migranodearena.org/reto/fondo-para-la-defensa-de-la-cordillera-cantabrica 

Máis información sobre o proxecto: https://fdjcc.org/gl/

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal