ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación

18-04-2021

Manifestación

Desde Vía Galega, da que fai parte ADEGA, facemos un chamamento a participar na manifestación nacional que terá lugar o domingo, 18 de abril, baixo o lema “Galiza nación. Un pobo con dereitos”.

Sairá ás 11.30 da Alameda compostelá e rematará na Praza da Quintana, observando todas as normas estabelecidas como consecuencia do COVID-19.

Será a culminación da campaña que ao longo de seis meses Vía Galega estivo levando a cabo por todo o país.Somos unha nación.

Temos o dereito e a vontade de existir politicamente como pobo soberano.

Manifestémonos, o 18 de abril, en Compostela para terminar co asoballamento político, económico, social, lingüístico e cultural polo estado español, e exixir que as galegas e galegos podamos gobernarnos a nos mesmos.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal