ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Aldeas con Horizonte: Asina o manifesto

Do 09-02-2021 ao 17-03-2021

Aldeas con Horizonte: Asina o manifesto

ADEGA forma parte da rede de colectivos e plataformas que promoveron o manifesto ALDEAS CON HORIZONTE. ASINA, difunde e apoia a moratoria de novos parques eólicos e a derrogación do marco normativo que favorece o actual modelo depredador co rural galego e que se concreta na Lei 8/2009 de aproveitamento eólico de Galiza, no Plan Sectorial Eólico aprobado en 1997 e modificado en 2001, e na Lei 5/2017 de fomento da implantación de iniciativas empresariais. Así mesmo, reclamamos a elaboración en Galiza dun novo marco normativo que promova un modelo de desenvolvemento eólico máis social, ecolóxico e racional, que protexa o territorio e as comunidades rurais de proxectos eólicos abusivos e insostíbeis.

O novo marco normativo debería fundamentarse, cando menos, nos seguintes 15 PRINCIPIOS:

  1. Planeamento eólico para a unha transición ecolóxica ordenada e xusta. 
  2. Democratización e soberanía enerxética.  
  3. Aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética.  
  4. Repotenciamento fronte novas instalacións.   
  5. Fomento do autoconsumo e a produción a pequena escala.  
  6. Iniciativa pública e comunidades enerxéticas fronte a privatización dos beneficios.  
  7. Concesións públicas fronte a autorizacións administrativas.
  8. A expropiación de terras como última opción.  
  9. Consulta pública real e efectiva.  
  10. Penalizacións contundentes contra da fragmentación dos proxectos.  
  11. Compatibilidade coa normativa vixente en materia ambiental, patrimonial e da paisaxe.  
  12. Novas zonas de exclusión e plan de eliminación progresiva en Rede Natura.  
  13. Maiores distancias aos núcleos de poboación. 
  14.  Asesoramento e mediación regrada fronte contratos abusivos. 
  15. Exclusión de empresas de dubidosa reputación. 
Galiza, a 19 de Novembro de 2020.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal