ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro polo Monte da Fraga no Día do...

05-06-2020

Roteiro polo Monte da Fraga no Día do Medio Ambiente

Co motivo do Día do Medio Ambiente, o venres 5 de xuño, ADEGA organiza un pequeno roteiro interpretativo polo Monte da Fraga, espazo da Universidade da Coruña no que se está a transformar un eucaliptal nun espazo con flora autóctona. ADEGA forma parte deste proxecto de custodia que é unha nova ferramenta para a conservación da biodiversidade. Esta actividade terá unha duración de 1,5h -2h facendo varias paradas nas que falaremos de custodia do territorio, flora invasora, creación de charcas, biodiversidade...

O nivel de dificultade do roteiro é baixo polo que está recomendado para todos os públicos.

Recomendamos levar botas, pantalón longo, auga, pucho e será obrigado o uso de máscara.

A asistencia está limitada a 10 persoas para garantir a distancia de seguridade e é preciso inscribirse no seguinte correo marialafuente@adega.gal. Recibiredes resposta coas indicacións precisas do lugar de encontro.

A hora de quedada será ás 10:30h. Se houbese moita demanda, trataríamos de organizar outro roteiro.

Ven celebrar o día do Medio Ambiente con nós!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal