ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro: A Galiza irredenta, O Bierzo

24-11-2019

Roteiro: A Galiza irredenta, O Bierzo

A través dos roteiros "Tecendo Redes" ADEGA trata de poñer en valor a importancia que ten para a defensa do medio ambiente e do patrimonio a colaboración, sinerxías, e redes que se tecen entre os distintos colectivos sociais, ben sexan ecoloxistas, culturais, veciñais, sectoriais, etc. Por isto, para o desenvolvemento destes roteiros contarase coa colaboración de diversos colectivos locais de diverso carácter cos que ADEGA mantén relación e ten tecido rede que nos guiarán e acompañarán en todas estas rutas. 

Desta volta, acompañaranos a asociación Tyto Alba, quen nos guiará polas terras da Galiza irredenta do Bierzo. O roteiro terá lugar o vindeiro domingo, 24 de novembro. Será dunha lonxitude de 15 quilómetros e de dificultrade media. O roteiro será circular.

O percorrido

Comezaremos o roteiro en Palacios de Compludo, por riba dos 1500m de altitude, pobo restaurado seguindo os criterios da arquitectura tradicional. Bordearemos o pico Becerril (1887m) e chegaremos ata a paraxe coñecida como Piedrafita, lugar onde se dividen as comarcas do Bierzo e Maragatería. Tras camiñar por esta serra arrasada polos incendios, e polas infraestructuras eólicas, chegaremos a Bouzas, pobo descoidado, e  colleremos unha senda que transcorre por unha excelente e conservada carballeira, xa en  terreos da reserva ornitolóxica, onde empalmaremos coa ruta do oso dentro dos denominados montes de león.

Esta ruta, de 4 km transcorre por unha carballeira, cruzaremos algunha fervenza o gualtones, como se lle chama pola zona. Pasaremos por un vello bosque de ribeira e ascenderemos ao lugar de partida, Palacios de Compludo. Todo o percorrido e as vistas están integradas na “Reserva ornitolóxica de Palacios” espazo libre de caza e onde se realiza dende fai mais de 20 anos un proxecto de custodia do territorio.Ao finalizar disfrutaremos dun  magosto.(*) No caso de moita choiva faremos a ruta do oso de 4 km

Reserva praza

As persoas que estean interesadas en reservar praza, terano que facer a través do formulario de reserva antes das 14:00 do xoves 21 de novembro. Cubriranse as prazas por orde de inscrición.

Os roteiros de ADEGA-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos. 

saída do autobús terá lugar ás 9.00 horas da mañá fronte á Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, na Avenida de Ramón Ferreiro.

O roteiro será de xornada completa.

Para máis información, tamén se pode chamar aos teléfonos 982240299 (local) ou 677800293 (Lucía).

Prezos

  • Xeral: 18€
  • Estudantes ou en paro: 15€
  • Soci@s de ADEGA: 12€
  • Ata 14 anos: 5€
En caso de cancelación da reserva, prégase avisar o antes posible por teléfono. A cancelación posterior ao período de inscrición suporá o aboamento íntegro do prezo da praza para evitar prexuízos económicos á organización. Se a cancelación fose por motivos de saúde, procederase á devolución da metade do importe sempre que se presente xustificante médico.

O bo humor é cousa de todas/os! Anímate a participar!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal