ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Homenaxe a Isaac Alonso Estraviz na Eira da Xoana

26-10-2019

Homenaxe a Isaac Alonso Estraviz na Eira da Xoana

O vindeiro sábado, 26 de outubro, a Eira da Xoana fará unha homenaxe a Isaac Alonso Estravíz.

O acto enmárcase nos recoñecementos iniciados no 2012 ás persoas que, unindo cristianismo e galeguidade, traballaron pola defensa do pobo e da súa autoorganización.

Este ano 2019 o homenaxeado será ISAAC ALONSO ESTRAVIZ, pola súa contribución á lingua galega, nomeadamente á lexicografía co  seu Dicionário da língua galega. 

Os actos comezarán ás 14 horas, cunha comida comunitaria na Eira da Xoana. Cadaquén leva a súa. Non hai que anotarse, pero agradécese saber canta xente vai xantar para facer previsións e que todo resulte o máis agradable posible.   

As palabras e a música en honra do homenaxeado darán comezo ás 17 horas.  Pode participar quen queira facer un recoñecemento a Isaac.  É aconsellable que o tempo de cada intervención sexa breve (3 minutos); en todo caso, determinarase en función das persoas que queiran facer uso da palabra.

Estás convidad@ a participar. Agradecemos que fagas extensivo o convite ás persoas para as que entendas que pode ser do seu interese.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal